Información
Santiago

Investigadores da USC estudan os beneficios económicos e socioculturais dos servizos ecosistémicos mariños en Iberoamérica

Información
20 Septiembre 2018 887 votos

A Rede ECOMAR financiada polo programa CYTED e coordinada polo profesor da USC Sebastián Villasante, reúnese estes días en Colombia para avanzar na primeira avaliación iberoamericana de servizos ecosistémicos mariño-costeiros en áreas mariñas protexidas. Nesta rede participan tamén da USC os profesores Manel Antelo e Jacobo Feas e os investigadores Pablo Pita e Joao Garcia Rodrigues.



ECOMAR dedícase a desenvolver protocolos e marcos conceptuais e identificar as principais necesidades de colecta de información en áreas naturais protexidas, á vez que busca promover avaliación biofi?sica, socioecono?mica e cultural dos servizos ecosistémicos mariño-costeiros con especial atención ao coñecemento tradicional das comunidades.

No encontro destes días avanzarán na análise de casos de estudo clave en cada un dos países iberoamericanos, como por exemplo as Illas Galápagos en Ecuador, a reserva mariña de ‘Os Miñarzos’ en Lira ou as Ilas Cíes na Ría de Vigo. A través de eles tentarán coñecer a coherencia das políticas públicas no funcionamento das áreas naturais protexidas e a efectividade da súa regulación como proporcionadoras dos servizos.

Á xuntanza en Colombia asisten especialistas das tres universidades galegas, da Fundación Lonxanet, do Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (IMEDEA), do  Instituto de Ciencias do Mar, da Universidade Federal de Rio Grande do Norte(Brasil), da Pontificia Universidade Católica de Chile, da Universidade de Magdalena(Colombia), da Universidade San Francisco de Quito (Ecuador), do Centro de Investigación Científica e de Educación Superior de Ensenada (México), do Instituto do Mar de Perú - IMARPE e o CESAM de Portugal.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi