Información
Santiago

O Ensino lamenta que o alcalde de Santiago Martinho Noriega frivolice sobre a situación do persoal da EMM en lugar de darlle unha solución

Información
14 Mayo 2018 868 votos

golpistadelaLIbertaddeInformacionMartiñoNoriegaO seu responsábel comarcal, Rubén F. Monteagudo, agarda que este mércores o Concello de Santiago lle dea unha saída definitiva aos 24 traballadores e traballadoras da Escola Municipal de Música que permita desconvocar a folga indefinida, “que é o que lle gustaría a todo mundo”.

Rubén F. Monteagudo lamenta que o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, faga comentarios fóra de lugar arredor do conflito laboral que lle afecta a todo o persoal da EMM. “Como é posíbel que se vexan escuros intereses político-sindicais nunha situación de extrema gravidade, que leva a que a 30 de xuño 24 persoas se van ir á rúa?”, indicou. “Os traballadores e traballadoras, de forma totalmente consensuada, están exercendo o seu dereito a reclamar a continuidade nos seus postos de traballo ante o previsíbel cambio de empresa concesionaria. Durante os últimos meses o Concello de Santiago, nomeadamente o departamento de Educación, actuou con deixadez e pouca eficiencia neste asunto, o que provocou que se chegara a esta situación de inestabilidade laboral e de incerteza total da comunidade educativa da EMM arredor do mantemento do proxecto educativo”, engadiu.

 

Os traballadores e traballadoras celebrarán mañá unha asemblea de cara á reunión que teñen prevista no Concello o próximo mércores na que agardan que os responsábeis municipais lles presenten unha solución á súa situación laboral. Unha solución favorábel e definitiva que lles permita desconvocar a folga indefinida que neses intres manteñen para o vindeiro luns día 21.

Pola súa banda, a CIG-Ensino apoia todas as accións de apoio que están a producirse arredor deste conflito, como é o caso da concentración que está prevista mañá ás 19 horas na Praza do Obradoiro e que está organizada polos pais e nais do alumnado que asiste á EMM.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi