Información
Santiago

A sección sindical da CIG en San Caetano denuncia a represión contra o persoal de Xustiza acampado

Información
26 Abril 2018 726 Votos

A sección sindical da CIG en San Caetano vén de denunciar o uso, por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, da policía “para fins políticos”. Asegura que as traballadoras e traballadores de Xustiza en folga que acampan diante do edificio da Xunta de Galiza podían, até o de agora, acceder á cafetería ou ao local sindical sen problema pero que, desde hoxe, impídeselles o acceso porque “levan camisetas de cor azul co lema “Xustiza en loita. Dignidade e Resistencia”.

 

Mañá xoves, día 26 de abril, terán lugar asembleas, convocadas por petición expresa das traballadoras e traballadores do sector de Xustiza, en todas as cidades galegas. Trasladada a petición ás 7 organizacións sindicais só confirmaron a asistencia a  AXG-CUT, STAJ e CIG.

Represión

Respecto da actuación policial contra o persoal de Xustiza, a sección sindical da CIG de San Caetano, que reitera a súa solidariedade con este colectivo, denuncia que “ao PP xa non só lle molesta o amarelo, tamén o azul e como sigan con esta represión de protestas pacíficas o único que van deixar é o gris da época de Franco”.

Ademais manifesta o seu apoio aos folguistas porque “non é a súa loita, é tamén a nosa, a de todas as traballadoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza e a de todas as persoas que cren nuns servizos públicos dignos pero sobre todo na liberdade de expresión”.  

Por iso convida a todo o persoal da administración a pasar pola acampada a amosar a súa solidariedade e apoio.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi