Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esquerda Unida de Compostela aposta por unha abordaxe integral da situación  deste colectivo por parte das diferentes administracións implicadas, por unha actitude máis respetuosa dos medios de comunicación e por unha maior sensibilización social da cidadanía en xeral.

 

Compostela 5 de maio de 2017. Esquerda Unida Compostela denuncia o abandono que padece o colectivo de persoas en situación de exclusión social, sobre todo as persoas sen fogar que viven en Santiago de Compostela, por parte da Administración Autonómica,  que ten responsabilidades e competencias na abordaxe da súa situación, así como o uso perverso que a Valedora do Pobo fai da súa situación e amosa tamén  o seu rexeitamento  diante do tratamento mediático do colectivo, por parte dalgúns medios de comunicación.

A abordaxe integral da problemática deste colectivo precisa da implicación responsable de tódalas administracións, non só do ámbito municipal. Só co compromiso da administración autónomica (sanitaria, social, de vivenda,…) se podería resolver esta situación conflitiva, pois moitas destas persoas (en moitos casos con problemáticas derivadas do consumo de drogas, con enfermidades mentais, patoloxías duais,…) deberan ser atendidas en recursos sociosanitarios axeitados ás súas necesidades psicosociais.

Foto: Martinho Noriegaq un TRILERO político bajo felinías vergonzosas..De quien dice llamarse representante político

Por elo, Esquerda Unida de Compostela, esiximos que tódolos poderes públicos asuman a súa responsabilidade competencial, así como a xestión pública de iniciativas de apoio a este colectivo, que deberan integrar un conxunto de servizos destinados non só a ofrecerlles un aloxamento puntual, senón tamén a favorecer a súa inserción social, ofrecéndolles unha atención integral e individualizada, sempre en coordinación coas entidades sociais da cidade que levan a cabo accións asistenciais dende hai moito tempo.

Algúns medios de comunicación, dende hai tempo, están a dar un tratamento mediático que non contribúe máis que a perpetuar os estigmas e a marxinación que xa padece este colectivo. Novas publicadas por estes medios con titulares como “Un sintecho defeca en los soportales de la praza do Toural”, ou contidos  como “tenía una hija en Lugo, a la que no podía ver”, non aportan información á cidadanía, só sensacionalismo e prexuízos que mostran tamén moita desinformación e ignorancia sobre a realidade destas persoas.

E neste contexto de conflito social, a Valedora do Pobo, no canto de defender os dereitos destas persoas en situación de extrema vulnerabilidade social, fixo públicos no Parlamento de Galicia varios datos persoais, de especial protección segundo a lexislación vixente, de tres persoas sen fogar da cidade de Compostela; coa súa intervención fai una instrumentalización política da abordaxe deste problema social, mentres esquece o cumprimento do seu deber cotiá. Son milleiros as queixas que recibe cada ano, por exemplo, sobre a sistemática vulneración do dereito á asistencia sanitaria e moitos outros exemplos de maltrato institucional por parte das administracións públicas que, ano tras ano, seguen sen resolverse, sen que a representante de esta institución actúe coa mesma contundencia que emprega no tratamento desta problemática tan acuciante, pero que só representa unha milésima parte da problemática das persoas sen fogar en Galicia.  Esquerda Unida lembra que o deber da Valedora do Pobo é o de supervisar a actividade das administracións galegas para defender os dereitos e liberdades dos galegos e galegas, entre elas, tamén, a veciñanza de Compostela, pero dende unha perspectiva que integre a todas as administracións con responsabilidades e non só instrumentalizando políticamente dous casos aillados e poñendo o foco só nunha das administracións que xa non está gobernada polo partido amigo.

O número de persoas en situación de exclusión social vai en aumento na nosa sociedade, non son fenómenos espontáneos, non son opcións vitais elixidas libremente, senón que son a resposta a unha situación estrutural, son consecuencia deste sistema neoliberal e capitalista e das políticas retrógadas e inxustas dos gobernos autonómico e estatal do PP, que no seu afán de enriquecer a unha minoría, continúan a empobrecer á maioría social e a intentar expulsar da sociedade a cada vez máis persoas, chegando a producirse este intolerable fenómeno de “criminalización da pobreza”, que en Compostela vivimos a diario coas persoas sen fogar.

Neste senso, e co obxecto de favorecer unha maior sensibilización social, cómpre transmitirlle á opinión pública que as circunstancias que levan a unha persoa a residir na rúa son diversas e case sempre xiran arredor da desestruturación persoal, psicosocial e socioeconómica das persoas; e, en poucos casos, obedecen inicialmente a unha decisión individual. As persoas que viven nas rúas non son distintas ao resto da poboación; nestes tempos de pobreza e estafa que provocou o capitalismo, vemos neste colectivo a non poucas persoas integradas a nivel persoal, familiar, social, laboral,… ata non hai moitos anos.

En definitiva, dende Esquerda Unida Compostela apostamos, como ofensiva fronte a esta “criminalización da pobreza” que non queremos para a nosa cidade, pola implicación de toda a sociedade na abordaxe integral desta situación problemática, administracións, organización sociais, medios de comunicación e cidadanía en xeral, poñendo os medios necesarios para que toda a veciñanza se sinta a gusto nesta cidade, que é cidade de acollida.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

#XulioFerreiro "Aterrado" ante a folga en plena campaña veraniega dos mueseos cede ante os traballadores por medo a que se extenda o malestar polas rúas de toda a cidade ante o malestar e crispación ciudadá

Despois de varias reunións, a última o martes 16 de maio, o Concello da Coruña comprometeuse a alterar os pregos de condicións da licitación pública do servizo de mantemento dos...