Información
Santiago

A situación política no Brasil, a debate en Santiago de Compostela

Información
27 Abril 2016 9949 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • A cita será este xoves 28 de abril ás 20 horas no SCQ Café Bar

  • Participarán a poeta Carla Carbatti, o profesor Jakson Renner e o músico Sérgio Tannus

  • A charla-coloquio analizará o Golpe (proceso de impeachment) contra Dilma Rousseuff e a tensión política existente no país

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016. - O colectivo “Brasileg@s contra o golpe” organiza este xoves, 28 de abril, o primeiro dos tres coloquios do ciclo “A situación política actual no Brasil”, pensado para explicar á sociedade galega o que está a acontecer no xigante latinoamericano.

Na primeira charla, “Brasil na Encrucillada: Ollares sobre a crise política”, o tema será abordado dende diferentes visións. A poesía e a música darán tons as palabras. Con elas explicarase o proceso de destitución de Dilma Rousseff, a un ano de gañar as eleccións presidenciais, por parte dun congreso cun 60% dos seus membros imputados por diversas causas, sobranceiramente a corrupción.

No debate analizaranse as peculiaridades do sistema político brasileiro; o novo modelo de golpes sen militares en América Latina; o papel dos medios e da elite brasileira na intervención. Por último, hase sopesar a quen beneficiaron as políticas sociais dos últimos anos e a que pode obedecer esta mudanza forzada na presidencia do país.

DATA: Xoves 28 de abril ás 20 horas.

LUGAR: SCQ Café (Rúa das Orfas,2)

Para máis información, poden contactar co correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou tamén na páxina do colectivo https://www.facebook.com/brasilegoscontraogolpe/

Secuencia do ciclo:

-Impeachment ou Golpe? A situação política atual no Brasil

Data: Luns 2 de maio ás 20h na Biblioteca Ánxel Casal

-Bela, recatada e do lar: sexismo, machismo e misoxinia contra a presidenta Dilma Rousseff

Data: Luns 9 de maio ás 20h na Libraría Lila de Lilith

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

"Ourense convértese nestes días na capital nacional das ciencias...

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

lineaazul 1600