Profesionais da psicoloxía revisan a avaliación pericial en casos de violencia contra a muller

XornalGalicia  28 Octubre 2016  2636 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

violencia mujerSantiago de Compostela, 28 de outubro de 2016.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza unha xornada para actualizar coñecementos na avaliación pericial en supostos de violencia contra a muller nas relacións de parella, dentro do ámbito penal. A actividade terá lugar mañá, sábado 29 de outubro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela ao longo de todo o día.

Pártese da premisa de que aínda que a práctica da psicoloxía clínica e a da psicoloxía forense poidan compartir certos elementos comúns, estes eidos profesionais non son equiparables. Os obxectivos que se procuran e as consecuencias que se derivan en cada un deles son claramente diferentes.

Con este obradoiro preténdese, non só coñecer as habilidades básicas para deseñar un proceso de avaliación psicolóxica dentro do contexto forense específico- a violencia contra a muller nas relacións de parella dende a óptica do ámbito penal; senón tamén a transmisión de coñecementos e habilidades periciais derivadas dos datos da investigación científica e da man da dilatada experiencia práctica do relator convidado.

A docencia do obradoiro correrá a cargo de José Manuel Muñoz Vicente, altamente coñecedor deste ámbito non só polo seu desempeño profesional como psicólogo forense do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade de Madrid, senón tamén polas funcións de xestión que desenvolve como coordinador da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid ou como co-director do curso de Especialista en Psicoloxía Forense do mesmo colexio. José Manuel Muñoz Vicente tamén é autor de numerosos artigos e publicacións no eido da psicoloxía xurídica e forense.

O obradoiro “A avaliación pericial psicolóxica en supostos de violencia contra a muller nas relacións de parella: ámbito penal” está deseñado como parte do proxecto anual de formación da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e vai dirixido a todos aqueles profesionais psicólogos e psicólogas que leven a cabo intervencións forenses, e especialmente para quen desexe aproximarse a este eido.

Máis información:

Na web do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia pódese descargar un documento sobre as http://www.copgalicia.es/ppt/SeccionXuridica/AREAS%20DE%20INTERVENCION%20DA%20PSICOLOXIA%20FORENSE.pdf">Áreas de Intervención da Psicoloxía Forense.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...