Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Cédric Villani é director do Institut Henri Poincaré (Foto: Santi Alvite)

“As maiores revolucións científicas veñen do sector público, no que se traballa mellor sen estar tan permanentemente pendentes das presións das empresas”. Malia que considera importante que a ciencia atope parceiros no eido privado, o matemático gañador da Medalla Fields en 2010 –o equivalente ao Nobel en matemáticas–, Cédric Villani, avoga por que sexa o Estado o que dispoña mecanismos para protexer esa ciencia e “controlar” así o seu bo uso.
Villani, que se atopa na cidade convidado polo Programa ConCiencia da USC, lembrou que el foi un dos seis científicos franceses autores dunha carta dirixida ao presidente Holande en rexeitamento dos fortes recortes anunciados polo goberno francés na partida destinada a ciencia e investigación. “E gañamos,–dixo–, e o goberno tivo que dar marcha atrás no seu propósito”.
A este respecto, sinalou o paradoxo que supón que por un lado haxa unha cada vez maior demanda de ciencia por parte das empresas pero que ao tempo exista unha “falla de vocacións científicas”. “Por iso –proseguiu– é importante a divulgación científica, que a xuventude entenda a transcendencia da ciencia, a orixe de todo”.
Precisamente, para que os nenos e nenas se impliquen nesa materia Villani mostrouse partidario dos deberes, consciente do debate que se está producindo sobre esta cuestión en España. “Creo nas tarefas fóra do colexio porque creo na cultura do esforzo, na disciplina”. Puntualizaba, iso si, que esa cultura do esforzo debía ir acompañada de mecanismos nos que se anime ao estudante, “como en Estados Unidos”, e non nos que se prime o castigo, “unha tendencia asentada en Europa”.
Programa da visita

O acto central do programa, que conta nestqa ocasión co profesor Alfredo Bermúdez de Castro como padriño, será este luns 3, coa conferencia De triángulos, gases, prezos e homes’ que pronunciará ás 19.30 horas no Auditorio Abanca (Preguntoiro, 23). O acto, que contará con tradución simultánea, é aberto a calquera persoa interesada. Nela contará a historia de tres problemas matemáticos, que veñen respectivamente da xeometría, da física estatística e da economía, e que se xuntan dun xeito inesperado e produtivo. Aproveitará ademais para evocar grandes teorías e persoas e o xeito no que vai o progreso matemático.
Esta mañá, ademais do encontro cos medios de comunicación, Cédric Villani mantivo unha xuntanza co reitor Juan Viaño e outra con investigadores na Facultade de Matemáticas.
Cédric Villani Nado no seo dunha familia de universitarios e artistas, Villani ingresa aos 16 anos no prestixioso instituto Louis-le-Grand e en 1992 consegue entrar co número 4 na École Normale Supérieure de Paris onde se especializa en matemáticas. Dous anos máis tarde comeza a súa tese de doutoramento baixo a dirección da Medalla Fields Pierre-Louis Lions, fillo de Jacques-Louis Lions, que foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.
Finalmente, en 1998 presenta a súa tese doutoral na que estuda as colisións rasantes nos gases e o aumento da entropía segundo a teoría de Boltzmann. Dous anos despois consegue a cátedra na École Normale Supérieure de Lyon. Tras ser nomeado director do famoso Institut Henri Poincaré en 2009, obtén a Medalla Fields en 2010 “polas súas demostracións do amortiguamento non lineal de Landau e a converxencia ao equilibrio da ecuación de Boltzmann" e é elixido membro da Académie des Sciences de Paris en 2013.
Científico comprometido Cédric Villani traballa nas ecuacións en derivadas parciais que aparecen na física estatística; concretamente na ecuación de Boltzmann que describe o comportamento estatístico dun sistema termodinámico fóra do equilibrio. Outro dos seus temas de estudo é a teoría do transporte óptimo, formulada en torno a un problema proposto no século XVIII polo matemático francés Monge. Cabe destacar tamén, pola súa orixinalidade, a aplicación de métodos de xeometría diferencial aos temas anteriores; en particular, a relación da curvatura de Ricci co transporte óptimo e a entropía.
Villani é un científico comprometido coa sociedade, que dedica parte do seu tempo á comunicación e divulgación científica, participa en documentais sobre o impacto das matemáticas na sociedade actual ou, entre outras cousas, promove cine-clubes onde debate con outros científicos sobre a representación da ciencia e a investigación no cinema ou a relación entre ciencia e arte.
Acumula una abondosa colección de importantes premios. Á Medalla Fields hai que sumarlle os premios Louis Armand de l'Académie des Sciences de Paris en 2001, o da European Mathematical Society en 2008 ou os Fermat e Henri Poincaré en 2009
ConCiencia ConCiencia é un programa de divulgación científica que trae á cidade de Santiago especialistas de primeira orde mundial (premios Nobel, Abel, Medalla Fields...) para participar en diversas actividades dirixidas non só a público especializado senón a toda a cidadanía coa fin de achegar a ciencia á sociedade. Organízano a USC e o Consorcio de Santiago, nesta ocasión coa colaboración de RedEmprendia.

En las orgías del Partido Popular drogaban y golpeaban a las mujeres “cobraban muy bien”, pero “tenían que someterse a vejaciones como palizas, sobredosis de drogas y a prácticas sexuales violentas”..

El expresidente del PP de Palma de Mallorca, José María Rodríguez, y el diputado autonómico Álvaro Gijón, asistían a fiestas con droga y sexo en una finca propiedad de Cursach o en prostíbulos de las islas. El juez de Instrucción 12 de Palma de Mallorca, Manuel Penalva, ha levantado el secreto del sumario y la mierda ha empezado a salir a flote. Cada lunes se organizaban partidas de póker en la finca Puntiró, propiedad del empresario Bartolomé Cursach, y cuando concluía la partida “había auténticas bacanales”....Seguir leyendo..(+)

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

#XulioFerreiro y los alcaldes rebeldes "celebran hasta los estornudos" si son pagados con los fondos públicos de los ciudadanos.

A dos años de legislatura de los alcalde de las MAREAS "nada que ver con PODEMOS", se han jactado a diario de sus fiestas políticas en sus horarios laborales, viajes...