Información
Santiago

O Goberno presenta un proxecto de Ordenanza de Transparencia máis esixente que a Lei estatal

Información
19 Abril 2016 5826 Votos

O Goberno local vai levar previsiblemente ao Pleno ordinario deste mes de abril o proxecto de Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos da Administración do Concello de Santiago. O texto, que pasará mañá pola correspondente comisión informativa, ten como obxectivo adaptar ás especificidades de Compostela a Lei 19/2013, coñecida como Lei da Transparencia. Esta normativa estatal entrou en vigor o 10 de decembro de 2015 para os concellos e as comunidades autónomas e, no caso de Santiago, o Executivo local xa foi dando algúns pasos para o seu cumprimento. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo foi a encargada de presentar o proxecto da Ordenanza. Marta Lois lembrou que "a transparencia e o libre acceso aos datos públicos convertéronse nunha demanda social inescusable que, ademais, mellora a eficacia da xestión pública". A voceira do Goberno incidiu en que "o Concello de Santiago non é alleo a esta esixencia dunha administración eficaz, participada e con paredes de cristal". Por iso, salientou, "a proposta do Executivo local vai incluso máis alá das esixencias da Lei Estatal de Transparencia". A ordenanza regula a información que deben facer pública o Concello e as entidades a el vinculadas, e tamén o xeito no que se lle debe facilitar ás persoas que soliciten datos concretos da administración.
Unha ordenanza ambiciosa Marta Lois explicou que o proxecto que o Goberno someterá á aprobación do Pleno parte da Ordenanza de Transparencia redactada pola Federación Española de Municipios e Provincias, que despois foi adaptada pola FEGAMP. Este modelo tipo "foi redactado por un grupo coordinado por persoas recoñecidas no ámbito xurídico e práctico da transparencia, incluíu achegas de grupos civís como a Fundación CIVIO e foi recoñecido publicamente como positivo por diversas entidades". Aínda así, a Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos da Administración do Concello de Santiago vai máis alá das esixencias da Lei de Transparencia de 2013 en varios aspectos. O primeiro deles é a consideración do dereito de acceso á información pública como un dereito fundamental e non só constitucional, tal e como ten apoiado o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.
O proxecto de ordenanza compostelá é máis esixente tamén no que ten que ver coas entidades que están obrigadas a publicar a información, incluíndo ás concesionarias de contratos administrativos. Tamén se amplía a lista de datos que o Goberno e os grupos municipais teñen que facer públicos, incluíndo as axendas de todos os concelleiros e concelleiras, a información completa de cargos eventuais (currículos e retribucións) e a relación de gastos anuais dos grupos municipais. Finalmente, unha vez estea en vigor a ordenanza, se finalmente sae adiante a proposta do Goberno, o Concello estará obrigado a realizar un inventario de activos municipais.
A Ordenanza regula a publicidade activa da información á que están obrigadas sete áreas concretas da administración municipal: Institucional, organizativa, publicación e persoal; Altos cargos; Xurídica e patrimonial; Contratación, convenios e subvencións; Económica, financeira e orzamentaria; Servizos e procedementos; e Urbanismo e medio ambiente. A información publicarase na web do Concello, e tamén se lle deberá entregar a calquera persoa que o solicite, salvo que estea xustificado o contrario.
O proxecto contempla a creación dunha Comisión de Transparencia, que se encargará de realizar unha avaliación periódica do cumprimento do texto.
Cara unha administración máis transparente A aprobación desta Ordenanza será un paso máis no camiño xa iniciado polo Goberno para conseguirmos un Concello máis transparente. Nesa liña, xa está en fase de licitación o Plan estratéxico de transparencia, bo goberno e administración electrónica. O seu obxectivo é establecer unha folla de ruta para todo o mandato no que ten que ver coa transparencia, tanto desde o punto de vista normativo como da formación do persoal municipal. Tamén se está elaborando un prego de xestión de expedientes que permita a implantación da administración electrónica no Concello de Santiago.
Ademais, está previsto que no prazo aproximado dun mes estea operativo o novo Portal de Orzamentos, que permitirá que a cidadanía vexa e entenda os orzamentos do Concello, e o estado de execución dos mesmos dun xeito periódico. Por último, estase traballando na renovación da web municipal para mellorar sensiblemente o apartado dedicado á transparencia. Actualmente xa se poden consultar algunhas cuestións, como os soldos do alcalde e de todos os concelleiros e concelleiras, ou as retribucións do persoal laboral de Compostela Aberta.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi