Información
Santiago

BNG reclama en Bruxelas esclarecer o accidente do Alvia, mentres Rajoy premia a Pastor cun ascenso por tapar a investigación confabulada co Presidente da Xunta Feijóo, en claro desprecio das familias e seus direitos constitucionais e legais

Información
22 Julio 2016 9083 Votos

Ana Miranda, portavoz en Bruxelas, presenta denuncia caso Alvia na Comisión EuropeaO BNG presentou este mediodía ante a Comisión Europea, a través da portavoz en Bruxelas, Ana Miranda, unha denuncia contra o Estado español na que reclama ao Executivo da UE a apertura dun expediente de infracción contra este estado membro por incumprimento da normativa comunitaria en materia de seguridade ferroviaria no tráxico accidente do Alvia.

En concreto, a denuncia recolle o incumprimento dos artigos 19.4, 21.1, 21.2 e 22.3 da Directiva 20004/49 do Parlamento e do Consello europeos sobre seguridade ferroviaria, por considerar que non existiu unha investigación independente, polo feito de que non se deu audiencia ás vítimas e por centrarse nun suposto fallo humano ignorando calquera outra causa do sinistro. Argumentos que tamén recolle o informe da UE sobre a investigación da CIAF do accidente de Angrois, instando á reapertura do caso.

 

Con esta base, o Bloque pide á Comisión Europea “que analice o incumprimento das obrigas legais por parte do Estado español entre os anos 2007-2014 da normativa en seguridade ferroviaria”, subliñou Miranda. Ao mesmo tempo, a formación nacionalista solicitou a reunión da Deputación permanente da Cámara galega como paso previo para pedir un pleno extraordinario no que debater a creación dunha comisión de investigación.

“Nin imos tirar a toalla, nin imos quedar parados”, subliñou Miranda tras presentar a denuncia, “queremos que haxa unha nova investigación, que se sabia a verdade e que se dea alivio ás vítimas que é o que están agardando desde fai tres anos”. “É curioso, -dixo-, que o día que a ministra iba reunirse coa vítimas sexa ascendida, mentres o BNG presenta esta denuncia por incumprimento da normativa”.

Triste noticia Neste contexto, a portavoz nacional, Ana Pontón, cualificou de “triste noticia” que a ministra de Fomento, Ana Pastor, sexa premiada coa Presidencia do Congreso cando debería ser cesada por ser a máxima responsable da mentira da investigación de Angrois”. “Pensamos que por respecto á memoria das vítimas, por respecto á a verdade e á democracia, a responsable dunha gran mentira de Estado non debería ser premiada, debería ser cesada”, salientou Pontón.

O informe da UE pon de manifesto que a investigación do CIAF estaba viciada, que nin foi independente, nin se escoitou ás vítimas, “aberta esa porta, o BNG pide en Bruxelas que un procedemento de infracción contra o Estado español, que facilite tamén a creación dunha comisión de investigación independente e real que deite luz e xustiza e, sobre todo, que evite que se volvan cometer os mesmos erros e se adopten todas as medidas necesarias para que un accidente así non volva suceder nunca máis”.

Pontón pregúntalle a Feijóo “como é posible facer un informe incontrovertible se antes non hai unha comisión de investigación independente? O PP non ten dereito a xogar ao despiste coas vítimas e para iso ten que deixar de vetar as propostas do BNG no Parlamento”, concluíu.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi