A S.S. reitera a negativa a garantir asistencia sanitaria gratuíta a retornados/as de Suíza malia a xustiza dicir o contrario

XornalGalicia  17 Julio 2016  7922 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
2015 02 05 ProtestaXubiladosINSSVigoPensions01O Colectivo de Xubilados e Pensionistas da CIG exixe que se lles recoñeza de inmediato este dereito e se lles devolvan os cartos cobrados indebidamente
“O criterio que vén mantendo esta Xestora respecto do non acceso dos pensionistas de Suíza  residentes en España ao dereito de asistencia sanitaria establecido na lexislación española é acorde coa lexislación comunitaria e debe manterse”. Esta é a resposta que vén de remitir a Secretaría Xeral do Instituto da Seguridade Social á demanda do Colectivo de Xubilados e Pensionistas da CIG de restitución do dereito á asistencia sanitaria gratuíta ás e aos emigrantes retornados de Suíza.
 

O Colectivo de xubilados e xubiladas da CIG dirixiuse, a principios do mes de xuño, ao Consello Xeral do INSS e máis ás catro direccións provinciais para demandar a urxente restitución da asistencia sanitaria gratuíta aos e ás emigrantes retornados/as que cobran pensión de Suíza e o reintegro da totalidade do importe por eles satisfeito indebidamente por mor da subscrición do convenio especial para esta cobertura. Unha prima mensual de 87€ para poder ser atendidos/as nas súas necesidades médicas e farmacéuticas.

Porén, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social vén de reiterar a súa negativa a garantir a asistencia sanitaria gratuíta. Unha resposta diante da que o Colectivo de Xubilados/as da CIG lembra que todas as sentenzas xudiciais danlles a razón ás/aos demandantes excluídos deste dereito e que á mesma conclusión chegou tamén a Defensora do Pobo na súa categórica resolución do 9 de xullo de 2014, en resposta a unha queixa sobre esta cuestión.

Nesta resolución a Defensora do Pobo subliñaba a necesidade de “restablecer o dereito á asistencia sanitaria con cargo ao Sistema Nacional de Saúde” a todos e todas as preceptoras de pensións da Seguridade Social suíza residentes no Estado español aos que se lles comunicou a perda da súa condicións de beneficiarios/as, ao resultarlles de aplicación o artigo  3 do RD 1192/2011, de 3 de agosto, polo que se regula a condición de asegurado e de beneficiario, por non ter a consideración de persoas aseguradas en Suíza e carecer de cobertura sanitaria obrigatoria  obrigatoria por outra vía.

O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG asegura ademais que o INSS ignora “sistemática e obstinadamente, o dereito comunitario” porque o Acordo sobre a libre circulación de persoas entre a Comunidade Europea e os seus Estados membros, por unha banda, e a Confederación Suíza, pola outra, regulamenta a afiliación obrigatoria ao réxime de enfermidades suízo en catro supostos, en ningún dos cales están os nosos emigrantes retornados dese país”.

A isto engaden que o INSS tamén ignora a Lei Federal Suíza do Seguro de Enfermidade, que no seu artigo terceiro indica que deben estar obrigatoriamente incluídos neste seguro tan só persoas que teñen a súa residencia en Suíza.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...