Ratio: 4 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio desactivado
 

Ana Pontón e Ana Miranda, rolda prensaNo primeiro caso, o Bloque vai presentar ante a Comisión Europea a solicitude de apertura dun procedemento de infracción contra o Estado español por incumprimento da normativa comunitaria en materia de seguridade ferroviaria, Directiva 2004/49.

En concreto, vulneración dos artigos 21 e 22 que recollen a obriga dos estados membros de contar cunha comisión independente para investigar accidentes ferroviarios graves, así como a obriga de escoitar as vítimas do sinistro a través dun procedemento de audiencia. O contundente informe da UE sinala o incumprimento de ambas obrigas legais.

“A sociedade e desde logo as vítimas esixen respostas e é responsabilidade dos poderes públicos darllas”, indicou Miranda, “en particular co fin de esclarecer os feitos ata as últimas consecuencias e evitar que un accidente deste tipo volva repetirse nunca máis”. O obxectivo desta denuncia no é buscar unha sanción “senón garantir o cumprimento da normativa nunha cuestión de tanta transcendencia como a seguridade ferroviaria”, aclarou.

No segundo caso, o BNG vai solicitar a vindeira semana a convocatoria da Deputación permanente co obxectivo de pedir un pleno extraordinario que debata a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois, por considerar que é unha débeda ética e política coas vítimas e co conxunto da sociedade galega.

“Non imos ceder no noso empeño porque o noso deber é traballar para que se coñeza a verdade”, explicou Pontón, quen cualificou de “inexplicable” que non se teña creado unha comisión parlamentaria ante un accidente, que tivo “un impacto social e emocional tan grande”, polo veto do PP. “Como non imos ser competentes para investigar o maior accidente ferroviario da nosa historia?”, interpelaba.

A formación nacionalistas insiste en reclamar a dimisión da ministra de Fomento, Ana Pastor, máxime tras coñecer o informe da UE no que se establece claramente que o seu departamento lonxe de colaborar, torpedeou a investigación das causas do sinistro de Angrois, “está inhabilitada desde o punto de vista moral e ético para seguir á fronte do ministerio, e non pode mirar para outro lado”. “Se o PP pensa que nos imos render ante o rodillo da maioría absoluta, equivócase”, concluíu.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

El gobierno de la Marea Atlántica a cortado más del 50% de las inversiones a favor de los vecinos de A Coruña y sus recurso, desviando el otro 50% a...