Feijóo facilita a destrucción e recortes nas Fragas do Eume para beneficiar o negocio das eólicas
O parque eólico Pena do Corvo, ás portas das Fragas do Eume, pretende situarse nunha área de ampliación da RN2000 que Feijóo ten conxelada dende 2011. Non sorprende que sexa de Iberdrola...
Este proxecto eólico, un da ducia longa (e contando) que ameazan a comarca do Eume-Ortegal, ten unha especial significación por situarse a escasos metros do Parque Natural das Fragas, abeirándoo polo Sul con 13 muíños de 180 m de alto, qulómetros de pistas, desmontes e unha liña de alta tensión de case 50 km até o Mesón do Vento.