Leiceaga acudirá a un debate que Feijóo quere eludir para “evitar que toda España vexa as debilidades que evidenciou o pasado luns”

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 16. Os socialistas galegos reclámanlle a Feijóo que asista ao debate do próximo luns diante de toda España nas cámaras de TVE. Confirman que o candidato socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acudirá a un debate que Feijóo quere esquivar “para impedir que toda España vexa as súas debilidades, a realidade de que non ten nada que ofrecerlle a Galicia” como evidenciou no debate da TVG do pasado luns.

“Queremos que Galicia sexa a administración pública española cos estándares máis elevados de transparencia, bo goberno e calidade democrática”, sostén o candidato socialista

“Manteño a miña proposta dun cara a cara con Feijóo nesta campaña, dun debate para confrontar as dúas alternativas, pero non obtivemos resposta pola súa parte”, asegura

O secretario xeral, Aitor Bouza, declarou que o curso comeza marcado pola diminución do profesorado e a aprobación a traición das reválidas no ensino co silencio cómplice de Feijóo

Os mozos/as socialistas afirmaron que "a única forma de devolverlle ao estudantado un ensino de calidade é expulsando a Feijoó da Xunta de Galicia"

Propón en Burela “un plan de revitalización demográfica para que Galicia vaia a máis”

Burela, 11 de setembro de 2016. O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, pediulle hoxe aos votantes socialistas que se mobilicen “para facer posible o cambio en Galicia”.

AS ENQUISAS DEMOSTRAN QUE HAI VONTADE DUN CAMBIO LIDERADO POLOS SOCIALISTAS

Lage: “Se todos os que algunha vez votaron ao PSOE se mobilizan, o cambio é posible”

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2016. O coordinador da campaña electoral do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, considera que o resultado das enquisas coñecidas hoxe amosa “que existe unha vontade de cambio en Galicia e que os galegos prefiren que ese cambio o lideremos os socialistas”.

Lage manifesta o seu convencemento de que “se todos os que algunha vez votaron ao PSOE se mobilizan, o cambio é posible”. “Estamos convencidos de que segundo avance a campaña iremos mellorando a nosa posición, porque temos o mellor candidato e o proxecto máis sólido para Galicia”, destaca.

O coordinador da campaña socialista considera que “os galegos saben que a mellor garantía para o cambio en Galicia é apoiar ao Partido Socialista”.

As XSG presentaron este sábado o primeiro de varios vídeos nos que David Perdomo devolve o sorriso á sociedade galega co seu humor, apostando por un cambio de goberno pola saúde dos galegos e galegas.

Os mozos e mozas socialistas"é esperpéntico escoitar ao Sr. Feijóo dicir que a mocidade hoxe ten mellores oportunidades cando levan 8 anos sen sacar adiante sequera un Plan de Emprego Xuvenil con dotación orzamentaria para combater un drama real en Galicia que están a padecer tantos mozos e mozas."

“Feijóo é un presidente frívolo e irresponsable que está de liquidación”, afirma na presentación da candidatura de Ourense

Ourense, 1 de setembro de 2016. O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou esta tarde en Ourense que “os socialistas galegos temos a responsabilidade de liderar o cambio en Galicia”.

“Feijóo é un gran vendedor de si mesmo cunha gran capacidade para exportar: exporta xente, empresas e tamén os problemas”, sostén o candidato socialista

“Os sectores do metal e o naval necesitan propostas de calado, coidando a innovación e incrementando o solo industrial a disposición das empresas”, asegura



ULTIMATUM AO FUTURO DE PODEMOS GALICIA

En  politica é importante tomar postura, é en  Xuntos sempre...

Comunicado a afiliado@s y opinión pública en general.

Ante numerosos requerimientos periodísticos y por parte de Asociaciones de...

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral de La Marea

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi