Información
PSdeG-PSOE:

CARMELA, O ESTATUTO TAMÉN SE CUMPRE

Información
Elecciones municipales de Galicia 02 Noviembre 2018 160 votos

Lembro, cando estudaba, que a organización de Grecia en cidades estado me resultaba interesante, supoño polo que vai acontecendo que a Caballero e a Carmela Silva tamén. Digo isto porque aplican unha política similar nas súas atribucións e queren que Vigo e a Deputación de Pontevedra sexan unha sorte de Cidades Estado sen ter que render contas a ninguén en ningures.

 

         Caballero constantemente menospreza o noso Parlamento e os mecanismos públicos da Xunta de Galicia, non digo ó goberno da Xunta iso é política, refírome aos seus mecanismos de control.

Carmela Silva acaba de facer o mesmo non querendo comparecer no Parlamento para dar conta dos orzamentos da Deputación. Como si o fan os homónimos de Lugo, Coruña e Ourense, do que podemos desprender que é unha posición persoal e non de partido.

         O peor do tema é que o fai desprezando a Galicia e o Estatuto de Autonomía, ese contrato entre os galegos e galegas de 1981 e o goberno do Estado, o mecanismo para facer o noso País. Iso máis un regulamento da Cámara galega regula esta cuestión, posicións aprobadas no seu día polo seu partido.

         É para min unha afronta a Galicia escudarse nunha interpretación da Constitución para non dar conta ós galegos, que aínda que sexamos de fora de Pontevedra aportamos cartos os seus orzamentos. Esta sorte de posicións personalistas e populistas son un dano constante á política porque unicamente responden a unha posición egoísta e centrada na súa imaxe persoal cando no fondo da situación está un debate  persoal na presentación das contas doutro ano.

É hora de que Gonzalo Caballero demostre que pode ser xestor de Galicia e actúe con contundencia para facer cumprir o noso Estatuto, mais coido que non vai ser así, porque el mesmo dubida da súa capacidade, por iso adiantou as primarias.

Mal camiño de progreso espera a Galicia cando os Presidentes das Deputacións  non respectan o marco legal que pode facer avanzar no autogoberno e nas competencias, un Estatuto que cómpre traballar para afrontar en breve unha ampla reforma do mesmo que o traia do século XX a unha nova realidade do encaixe de Galicia en Europa e no Mundo. Esa visión é a que dinamita Carmela Silva, quizais ese sexa o fondo da cuestión a visión centralista e  xacobina do Estado do PSdG.

         Piñeiro Docampo

Sº Xeral de CxG.



Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral de La Marea

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral...

Primarias Podemos Galicia - Procesos municipales en todo el estado. LA ULTIMA OPORTUNIDAD

En Xuntos creemos que estamos ante la última oportunidad de...

Alternativa dos Veciños aspira a facilitar a gobernabilidade no concello da Coruña con Pedro Armas

O candidato á alcaldía da Coruña por Alternativa dos Veciños...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi