Información
PSdeG-PSOE:

O PSdeG CELEBRARÁ PRIMARIAS O 18 DE NOVEMBRO PARA ELEXIR AOS CANDIDATOS EN MUNICIPIOS DE MÁIS DE 20.000 HABITANTES E ÁS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS

Información
Elecciones municipales de Galicia 11 Octubre 2018 543 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou este mércores a aprobación por parte da Comisión Executiva Nacional Galega do calendario de primarias para as eleccións municipais e autonómicas. En concreto, a través deste sistema, poderán elixirse os candidatos ás alcaldías daqueles municipios con máis de 20.000 habitantes e o candidato á Presidencia da Xunta.

 

Como detallou o líder dos socialistas galegos ante os xornalistas, en base ás datas fixadas “en contacto continuo” coa dirección federal do PSOE, as votacións terán lugar o domingo 18 de novembro, mentres que a segunda volta –no caso de que ningún dos aspirantes reciba máis da metade dos votos- será sete días máis tarde, o día 25.

A coincidencia de ambas citas, explicou Gonzalo Caballero, ten por obxecto despexar os procesos orgánicos nun escenario electoral impredicible, a fin de evitar que as primarias autonómicas se solapen con outras citas. “A min gústanme as primarias, e quero que falen os militantes de base”, asegurou.

Do mesmo xeito, o líder dos socialistas galegos considerou que, un ano despois de acometer a renovación do partido, é o momento de ter “un referente claro” que poida traballar co escenario de propiciar o cambio de ciclo en Galicia. “O partido está preparado para dar o relevo a Feijóo”, sostivo Gonzalo Caballero, quen constatou o “esgotamento” da etapa de Feijóo no propio Debate do Estado da Autonomía

lineaazul 1600

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...

O Executivo Provincial achega preto de 6.000 euros para promover...

El Instituto Cervantes celebrará el próximo lunes, 18 de febrero...

Encontro feminista de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras,...

"O ADIANTO ELECTORAL, PRODÚCESE PORQUE O PSOE COMPRA A MENSAXE DA DEREITA CENTRALISTA".

O PSOE NON PROPÓN NIN UNHA SOA MEDIA ESTRUCTURAL PARA...

ASISTIMOS AO ACTO FINAL DA INDIGNIDADE PARA GALICIA

JUAN CARLOS PIÑEIRO DOCAMPO, SECRETARIO XERAL DE COMPROMISO POR GALICIA...

Galiza Nova Compostela elixe novas responsábeis comarcais

A organización xuvenil do BNG escolleu as novas responsabilidades na...

Centristas presenta los puntos claves de su programa para las elecciones municipales del mes de Mayo

Basará su programa de gobierno en tres líneas principales de...