Información

GONZALO CABALLERO DESTACA “OS AVANCES” QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS IMPULSARON EN LUGO FRONTE AOS “INCUMPRIMENTOS” E AO “DESPREZO” DO PP

Información
XornalGalicia 09 Mayo 2018 432 Votos Sección ; Elecciones municipales de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

2IMG 7377O secretario xeral do PSdeG critica “a política de botafumeiro, de anuncios gratuítos” de Feijóo e o ministro de Fomento, que “non permite avances para que Lugo estea conectado”

 

Lugo, 9 de maio de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, achegouse hoxe ata Lugo, onde puido constatar “os avances” que os gobernos socialistas teñen impulsado na cidade. En contraposición, afeou a Feijóo e á dereita os seus “incumprimentos” coa capital da provincia e o seu “desprezo” aos veciños.

En compañía da alcaldesa, Lara Méndez, e do secretario provincial do PSOE en Lugo, Álvaro Santos, entre outros membros do partido, o líder dos socialistas galegos puxo en valor a xestión que se está levando a cabo.

Nese senso, Gonzalo Caballero enxalzou a aprobación dos orzamentos, o feito de que o concello teña superávit e, con iso, capacidade de inversión, e a recuperación de espazos. O dixo tras visitar o vello cárcere, un símbolo da recuperación dun edificio que significou “represión contra as liberdades” e que agora está “aberto á cidadanía”.

Así é que Lugo conta, concluíu o secretario xeral do PSdeG, cun goberno municipal socialista “forte, sólido, ben encarado e con proxecto”, “que non para, que avanza” e que ten “transformado de xeito substancial” a cidade de Lugo.

Outras cidades de Galicia a ven con envexa”, afirmou Gonzalo Caballero, para recordar que o PP á fronte do concello de Ourense non foi quen de aprobar nin un só orzamento transcorridas tres cuartas partes da lexislatura ou que as novas forzas políticas non están demostrando “capacidade de xestión”.

FEIJÓO NON CUMPRE CON LUGO”

Ademais, no caso concreto de Lugo, o líder dos socialistas galegos situouse fronte ao Cuartel de San Fernando para afear a Feijóo que “non cumpre” coa cidade ao “non dar solución” para o comprometido proxecto do Museo da Romanización.

A iso sumou o seu “desprezo” cara as infraestruturas lucenses, tanto as viarias, “nun estado de indefinición e cun indubidable deterioro”, como as ferroviarias, que seguen sendo “unha materia pendente”.

Feijóo e o ministro de Fomento fan unha política de botafumeiro, unha política de anuncios gratuítos que non se concretan e que non permite avances para que Lugo estea conectado”, sentenciou Gonzalo Caballero.

NULO COMPROMISO DA DEREITA”

Tamén o secretario provincial do PSOE de Lugo, Álvaro Santos, fixo fincapé no “nulo compromiso” do PP e a “súa marca branca”, Ciudadanos, coas infraestruturas lucenses.

Esta é a dereita española”, sinalou, para lamentar que o PP está “negando o AVE” aos veciños da provincia de Lugo. “Necesitamos do PSOE para desenvolver a nosa provincia en igualdade de condicións, competitividade e viabilidade que o resto das provincias galegas e de España”, remarcou Santos Ramos.

É por iso que garantiu que os socialistas “seguiremos traballando polo futuro de Lugo”, pois “todo” o que sigue “pendente” nesta provincia “é responsabilidade do PP”.

FEIJÓO NINGUNEA AOS LUCENSES”

Do mesmo xeito, a alcaldesa, Lara Méndez, acusou ao PP de Feijóo de “ningunear aos lucenses”, por consideralos “cidadáns de segundo ou de terceira”. Aludiu así tanto á súa negativa a investir no Cuartel de San Fernando, nas infraestruturas da provincia ou na súa sanidade.

Ao respecto, deixou claro que “os lucenses non queremos máis anuncios electorais que non se cumpren, como nos ten acostumados o PP”, senón que esixiu que as promesas “se materialicen no BOE ou no DOG” para garantir o seu cumprimento.

lineaGRIS
Ciudadanos (Cs) Ames se reúne con la Asociación de Vecinos de San Pedro de Bugallido

José Ramón Oulego, Coordinador de Cs Ames, agradece la acogida por parte de las distintas asociaciones en las reuniones mantenidas para conocer las demand [ ... ]

María vilas: “Ciudadanos pide al Alcalde de Santiago que apueste “de verdad” por una “conciliación Real”

Ciudadanos ha presentado una moción al Alcalde solicitando mejoras en el plan de Conciliación Familiar municipal “Escolas de Verán”.

Ciudadanos Cs A Coruña denuncia la dejadez de funciones de gobierno de la ciudad

Miguel Ángel Rosende: “La dejadez de funciones del gobierno de Xulio Ferreiro, se plasma día a día en La Coruña” strong> A Coruña, viernes 11 de Mayo [ ... ]

Partidos Políticos Registrados.- Elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019

Las elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019, haciéndolas coincidir con las elecciones al Parlam [ ... ]

lineaGRIS