Información
PSdeG-PSOE:

OS SOCIALISTAS RECLAMAN A PRESENZA DE FEIJÓO NO DEBATE PROPOSTO POR TVE PARA O PRÓXIMO LUNS

Información
Elecciones municipales de Galicia 15 Septiembre 2016 1930 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Leiceaga acudirá a un debate que Feijóo quere eludir para “evitar que toda España vexa as debilidades que evidenciou o pasado luns”

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 16. Os socialistas galegos reclámanlle a Feijóo que asista ao debate do próximo luns diante de toda España nas cámaras de TVE. Confirman que o candidato socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acudirá a un debate que Feijóo quere esquivar “para impedir que toda España vexa as súas debilidades, a realidade de que non ten nada que ofrecerlle a Galicia” como evidenciou no debate da TVG do pasado luns.

Acusan a Feijóo de protexer a súa imaxe e agochar a verdadeira faciana porque está “únicamente preocupado pola súa carreira nacional”. Lamentan que eluda comparecer en todos e cada un dos debates que se están a propoñer agás o da TVG, onde sabía que xogaba “na casa, co árbitro do seu lado e as cartas marcadas dunha forma lamentable e evidente”.

Por iso Feijóo só asiste a debates controlados e “fuxe de aqueles nos que ese control non existe e teñen proxección pública en toda España, como o que terá lugar mañá nun medio radiofónico”.

O PSdeG-PSOE lembra que o debate electoral “plural, aberto e produtivo” debe ser unha obriga de tódolos representantes políticos, polo que cambiaremos a Lei Electoral para que as campañas electorais inclúan esta cita diante das cámaras de forma ineludible. Estes debates serían organizados polas asociacións da prensa galegas, con profesionais “independentes, que non estean sometidos a presións políticas” e con sinal aberto para toda a prensa.

lineaazul 1600


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

As XSG súmanse ás mobilizacións feministas contra o “pacto da vergoña” en Andalucía

As Xuventudes Socialistas de Galicia participarán o vindeiro martes 15...

Ciudadanos Ourense asiste incrédulo a los pactos de PP y PSOE en el Concello de Ourense

Alberto Rodríguez: “En toda la legislatura, PP y PSOE sólo...

XUNTOS ACTUA SOLICITA LA ILEGALIZACION VOX

Como es sabido y de dominio publico, VOX ha manifestado...

COMUNICADO (elecciones municipales de Mayo) Xuntos Actua A Coruña

Queremos comunicar la decisión ya definitiva de nuestro consejo político...