Información

LEICEAGA: “ELIMINAREMOS OS AFORAMENTOS E OS PRIVILEXIOS PARLAMENTARIOS”

Información
XornalGalicia 15 Septiembre 2016 1528 Votos Sección ; Elecciones municipales de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

“Queremos que Galicia sexa a administración pública española cos estándares máis elevados de transparencia, bo goberno e calidade democrática”, sostén o candidato socialista

“Manteño a miña proposta dun cara a cara con Feijóo nesta campaña, dun debate para confrontar as dúas alternativas, pero non obtivemos resposta pola súa parte”, asegura

A Coruña, 15 de setembro de 2016. O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, comprometeuse hoxe na Coruña a eliminar “os aforamentos e os privilexios parlamentarios”.

“Necesitamos recuperar a credibilidade dos gobernantes e recuperar a confianza dos cidadáns nos gobernantes e nas institucións”, manifestou Leiceaga nun almorzo informativo organizado pola Asociación da Prensa de A Coruña.

O candidato socialista aposta por “poñer a calidade democrática de Galicia á altura dos países europeos, queremos que Galicia sexa a administración pública española cos estándares máis elevados de transparencia e bo goberno”.

“Moitos aforamentos carecen de sentido, claro hai que protexer a liberdade de expresión dos deputados e deputadas, é básico, pero deben ser xulgados polo seu tribunal ordinario e non ter unha protección a maiores fronte a outros cidadáns”, manifestou Leiceaga.

“Queremos reconducir esta situación en Galicia, sabendo ben que esixe un pacto porque necesitamos reformar o Estatuto de Autonomía para facelo efectivo; sería unha das razóns, adicionais a outras, que nos levarían a impulsar a reforma do Estatuto”, engadiu.

Leiceaga fixo tamén referencia á CRTVG e á “lei que apoiamos no 2012 e está sen desenvolver, necesitamos un Consello de Informativos que garantice a neutralidade e desenvolver e Estatuto Profesional do xornalista dos medios públicos”.

“Tamén queremos que por lei haxa que celebrar debates nas campañas electorais, debates independentes e neutrais; Feijóo fuxe dos debates e sería bo nesta campaña un cara a cara, manteño a miña proposta para confrontar as dúas alternativas, pero non obtivemos resposta pola súa parte”, rematou.

FOTOS DO ACTO NO FLICKR DO PSDEG:

lineaGRIS
Ciudadanos Cs A Coruña denuncia la dejadez de funciones de gobierno de la ciudad

Miguel Ángel Rosende: “La dejadez de funciones del gobierno de Xulio Ferreiro, se plasma día a día en La Coruña” strong> A Coruña, viernes 11 de Mayo [ ... ]

Partidos Políticos Registrados.- Elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019

Las elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019, haciéndolas coincidir con las elecciones al Parlam [ ... ]

GONZALO CABALLERO DESTACA “OS AVANCES” QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS IMPULSARON EN LUGO FRONTE AOS “INCUMPRIMENTOS” E AO “DESPREZO” DO PP ...
GONZALO CABALLERO DESTACA “OS AVANCES” QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS IMPULSARON EN LUGO FRONTE AOS “INCUMPRIMENTOS” E AO “DESPREZO” DO PP

O secretario xeral do PSdeG critica “a política de botafumeiro, de anuncios gratuítos” de Feijóo e o ministro de Fomento, que “non permite avances para [ ... ]

GONZALO CABALLERO ATRIBÚE A “OBRA DE TEATRO” DE FEIJÓO E O MINISTRO DE FOMENTO DO TREN EN LUGO A QUE AO PP “NON LLE SAEN AS CONTAS” PARA AS ...

O secretario xeral do PSdeG destaca a “xestión pública eficiente e ao servizo da cidadanía” do alcalde de Cuntisntis, 8 de maio de 2018. O secretario [ ... ]

lineaGRIS