Información
PSdeG-PSOE:

XSG: “O comezo do curso vén marcado pola desfeita educativa que deixa Feijóo en Galicia”

Información
Elecciones municipales de Galicia 12 Septiembre 2016 1574 votos

O secretario xeral, Aitor Bouza, declarou que o curso comeza marcado pola diminución do profesorado e a aprobación a traición das reválidas no ensino co silencio cómplice de Feijóo

Os mozos/as socialistas afirmaron que "a única forma de devolverlle ao estudantado un ensino de calidade é expulsando a Feijoó da Xunta de Galicia"

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2016

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) fixeron hoxe unha valoración política do inicio do curso escolar e afirmaron que están convencidas e convencidos da urxente necesidade de dar unha resposta nova á contrarreforma educativa do PP e restaurar o sistema de oferta gratuíta de libros e dar facilidades para o acceso á educación superior.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, advertiu dos problemas que suporá para o estudantado de secundaria as reválidas da LOMCE, pensadas para expulsar ós alumnos/as do sistema educativo e non para fomentar a formación. Para o dirixente socialista a única forma de afrontar este problema é "un goberno combativo fronte á contrarreforma de Rajoy e verdadeiramente disposto a enfrontar o problema da educación en Galicia."

Pola súa banda, o secretario de educación, Rubén Prol, advertiu da falta de profesorado de apoio e de pedagoxía terapéutica nos centros e a falta de preocupación da Xunta polo alumnado que precisa máis atención das autoridades académicas, completamente esquecidos pola Xunta de Feijoó.

Dende a Organización lamentaron que "novamente as familias galegas enfrontaranse á carestía duns libros de texto que co goberno socialista eran gratuítos para garantir a igualdade no ensino de todos e todas. Non podemos consentir que o ensino siga dependendo das esmola que o Sr. Feijóo pretende vender como un logro, senón que ten que ser un dereito para todos e todas"

Os mozos socialistas remataron lanzando unha mensaxe de esperanza "estamos convencidos e covencidas de que neste comezo de curso, coincidente coas Eleccións é o momento de derrubar a Feijoó do goberno e comezar a facer unha auténtica política educativa en Galicia, sen fumes propagandísticos como o trilingüismo, senón con políticas de verdade. Esa é a nova resposta dos socialistas á contraeducación do Partido Popular."



ULTIMATUM AO FUTURO DE PODEMOS GALICIA

En  politica é importante tomar postura, é en  Xuntos sempre...

Comunicado a afiliado@s y opinión pública en general.

Ante numerosos requerimientos periodísticos y por parte de Asociaciones de...

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral de La Marea

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi