Información

O candidato do PSdeG di que “votar PP só é bo para a carreira de Feijóo e malo para Galicia”

Información
XornalGalicia 11 Septiembre 2016 1193 Votos Sección ; Elecciones municipales de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Propón en Burela “un plan de revitalización demográfica para que Galicia vaia a máis”

Burela, 11 de setembro de 2016. O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, pediulle hoxe aos votantes socialistas que se mobilicen “para facer posible o cambio en Galicia”.

Leiceaga visitou o peirao de Burela xunto ao alcalde, Alfredo Llano, antes de participar nun acto electoral na praza da Mariña. “Votar Partido Popular só é bo para a carreira de Feijóo e malo para Galicia”, asegurou.

Na súa intervención, o candidato do PSdeG propuxo “un plan de revitalización demográfica para que Galicia vaia a máis”, con medidas de fondo como a contratación de 10.000 mozos ao ano e un programa de vivendas públicas en réxime de aluguer para mozos.

Dentro de este plan, Leiceaga falou tamén da necesidade de mellorar a rede de transporte público e de crear unha rede de escolas infantís, aumentando un 15% o seu número preto dos centros industriais.

“Os galegos queren cambio e queren que o lideremos nós, pídolle a todos os que algunha vez votaron ao PSOE que se mobilicen porque o cambio é posible e porque Galicia o necesita; votar ao PP só é bo para a carreira de Feijóo, votar socialista é bo para os galegos”, rematou.

FOTOS DO ACTO NO FLICKR DO PSDEG:

https://www.flickr.com/photos/psdeg-psoe/

lineaGRIS
Ciudadanos Cs A Coruña denuncia la dejadez de funciones de gobierno de la ciudad

Miguel Ángel Rosende: “La dejadez de funciones del gobierno de Xulio Ferreiro, se plasma día a día en La Coruña” strong> A Coruña, viernes 11 de Mayo [ ... ]

Partidos Políticos Registrados.- Elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019

Las elecciones municipales de España de 2019 se celebrarán en toda España el próximo 26 de mayo de 2019, haciéndolas coincidir con las elecciones al Parlam [ ... ]

GONZALO CABALLERO DESTACA “OS AVANCES” QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS IMPULSARON EN LUGO FRONTE AOS “INCUMPRIMENTOS” E AO “DESPREZO” DO PP ...
GONZALO CABALLERO DESTACA “OS AVANCES” QUE OS GOBERNOS SOCIALISTAS IMPULSARON EN LUGO FRONTE AOS “INCUMPRIMENTOS” E AO “DESPREZO” DO PP

O secretario xeral do PSdeG critica “a política de botafumeiro, de anuncios gratuítos” de Feijóo e o ministro de Fomento, que “non permite avances para [ ... ]

GONZALO CABALLERO ATRIBÚE A “OBRA DE TEATRO” DE FEIJÓO E O MINISTRO DE FOMENTO DO TREN EN LUGO A QUE AO PP “NON LLE SAEN AS CONTAS” PARA AS ...

O secretario xeral do PSdeG destaca a “xestión pública eficiente e ao servizo da cidadanía” do alcalde de Cuntisntis, 8 de maio de 2018. O secretario [ ... ]

lineaGRIS