As XSG presentaron este sábado o primeiro de varios vídeos nos que David Perdomo devolve o sorriso á sociedade galega co seu humor, apostando por un cambio de goberno pola saúde dos galegos e galegas.
Bouza presentou a campaña afirmando que “ante a política do medo do Sr. Feijóo, nós seguiremos apostando polo sorriso e a ledicia que caracteriza á nosa xente. Estamos convencidos e convencidas de que se a mocidade galega vai votar, Feijóo será parte dun tenebroso pasado.”
Ligazón ao vídeo: https://youtu.be/qZZe309PlBQ" target="_blank">https://youtu.be/