Información
PSdeG-PSOE:

XSG: “Feijóo tacha agora á mocidade de rebelde e inconformista para tentar xustificar a súa amizade con MarciaL Dourado"

Información
Elecciones municipales de Galicia 03 Septiembre 2016 1744 Votos

Os mozos e mozas socialistas"é esperpéntico escoitar ao Sr. Feijóo dicir que a mocidade hoxe ten mellores oportunidades cando levan 8 anos sen sacar adiante sequera un Plan de Emprego Xuvenil con dotación orzamentaria para combater un drama real en Galicia que están a padecer tantos mozos e mozas."

Bouza preguntouse "onde están eses mozos e mozas rebeldes e inconformistas do Partido Popular para denunciar as vergoñentas actitudes machistas do Sr. Baltar cando con estas humilla a toda a sociedade denigrando ás mulleres."

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2016

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) saíron ao paso ante as obscenidades manifestadas polo Sr. Feijóo nun acto de paripé con mozos e mozas do Partido Popular no día de hoxe en Lugo no que se mofou de toda a mocidade galega coas súas vergoñentas afirmacións.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, "non imos tolerar que para que el poida xustificar as súas vacacións cun narcotraficante tache agora á mocidade de ‘rebelde’ e ‘inconformista’ cando leva humillándoa durante 8 anos coas súas políticas en contra dos e das mozas de Galicia e sen dignarse á escoitala para saber que é o que precisa."

Para o secretario xeral preguntouse "onde quedou a rebeldía da mocidade do Partido Popular para denunciar os ataques do goberno de Feijóo a todos os mozos e mozas galegos e galegas. Por que non ergueron a voz para reivindicar e loitar para parar a sangría de mozos e mozas que teñen que abandonar a súa terra"

Bouza continou preguntándose "onde están eses mozos e mozas rebeldes e inconformistas do Partido Popular para denunciar as vergoñentas actitudes machistas do Sr. Baltar cando con estas humilla a toda a sociedade. Eles prefires sacarse selfies con el nomealo como un ‘gran presidente’."

O secretario xeral afirmou que "nestes anos puidemos ver como a mocidade de Galicia saíu á rúa para darlle as costas ás políticas levadas a cabo polo Partido Popular e que foron encabezadas polo Sr. Feijóo como alumno aventaxado dos retallos en dereitos e liberdades."

O dirixente socialista dixo que "facendo memoria, podemos lembrar que nada máis chegar, Feijóo o que fixo foi quitarlle a voz á mocidade suprimindo o Consello da Xuventude de Galicia, polo que falar de pensamento único cando se acaba coa pluralidade dun organismo no que a mocidade podía expresar claramente é canto menos cínico."

Bouza continuou expoñendo que "sen ningún tipo de desvergoña agora Feijóo vennos a falar de diálogo, democracia e pensamento único. O pensamento único era o que pretendía impor o PP coa LOMCE tras secuestrar a voz da mocidade galega no Organismo galego que tiña habilitado ao efecto. Tampouco escoitamos ás Novas Xeracións rebeldes elevar a voz para que non se pechase o CONXUGA."

O mozo socialista valorou que "é esperpéntico escoitar ao Sr. Feijóo dicir que a mocidade hoxe ten mellores oportunidades cando levan 8 anos sen sacar adiante ni tan sequera un Plan de Emprego Xuvenil con dotación orzamentaria real máis aló de moita publicidade baleira; para combater un drama real en Galicia que están a padecer tantos mozos e mozas."

O dirixente mozo dixo que "non todo se soluciona cun sofaciño a uns meses das eleccións. É moito máis importante as políticas que se levaron a cabo durante todos estes anos. A mocidade galega non vai esquecer todo o dano feito polo Partido Popular por catro medidas preelectorais fermosas que fagan a última hora."

Bouza afirmou que "a rebeldía de Feijóo e dos seu mozos e mozas das Novas Xeracións é negar o golpe de Estado do ano 36 ou xustificar a emigración xuvenil tildándoa de forma insultante como ‘mobilidade exterior’. A mocidade galega loita polos seus dereitos e ten moi claro que para poder vivir en dignidade o Sr. Feijóo ten que abandonar a Presidencia da Xunta."

Para concluír dende a Organización animaron a Feijóo a "que vaia preparando a maleta, esa mesma que lle deu aos mozos e mozas, para marchar dunha vez de Galicia cando perda as Elección que é o que leva desexando tanto tempo."

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

GALICIA É CASTIGADA NA XESTIÓN DOS RECURSOS ELECTRICOS, CxG FAI UNHA PROPOSTA CONCRETA

Diante da pasividade e complicidade das Administracións do estado e...

Ourense en Común agradece o respaldo de Anova para as municipais de 2019

Martiño Xosé Vázquez, portavoz e candidato á alcaldía por OUeC, ...

ALGUÉN VIRÁ QUE BO ME FARA

     E moita a mitoloxía e a tradición que fala...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi