Información

O SECRETARIO XERAL DO PSdeG DE OURENSE, RAÚL FERNÁNDEZ, SOLICITA A ANULACIÓN DA LISTA APROBADA POLA COMISIÓN FEDERAL DE LISTAS DO PSOE.

Información
XornalGalicia 22 Agosto 2016 1169 Votos Sección ; Elecciones municipales de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Fernández insta a que se manteña a proposta aprobada polo Comité provincial de Ourense, que garante o respecto da vontade da militancia da provincia e a observancia das normas estatutarias.

Ourense, 21 de agosto de 2016. O Secretario Xeral da Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Raúl Fernández Fernández, vén de presentar un recurso perante da Comisión Federal de Listas do Partido Socialista Obrero Español, polo procedemento que se seguiu para a aprobación da lista que presenta o PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense aos vindeiros comicios autonómicos do 25 de setembro. No documento presentado, tamén ante a Comisión Xestora Nacional do PSdeG, a Comisión Nacional de Garantías Electorais e remitido ao Secretario de Organización Federal, César Luena; faise constar a vulneración da normativa orgánica da selección dos e das candidatos e candidatas, polo que se solicita a anulación da lista aprobada pola Comisión Federal de Listas do PSOE e o mantemento da lista aprobada polo Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, celebrado o pasado 29 de xullo.

O recurso defende que a lista aprobada polo Comité Provincial de Ourense, órgano democráticamente elexido, non só garantía a representatividade social e os criterios de mérito e capacidade que marcan os Estatutos do partido e a normativa de elección de cargos públicos, senón que era unha proposta que reflectía o sentir das consultas efectuadas nas asambleas das Agrupacións locais de toda a provincia de Ourense, celebradas, previamente.

Na proposta aprobada polo Comité provincial de Ourense, garantíase o equilibrio territorial, a través da representación equitativa das comarcas e localidades que conforman a provincia, nunha lista pechada e cremalleira.

O Secretario Provincial do PSdeG-PSOE, Raúl Fernández, por tanto, non comprende a vulneración producida ao non respectarse, non só a vontade das consultas efectuadas aos militantes da provincia de Ourense e a decisión da Executiva provincial e do Comité provincial, senón os propios mecanismos cos que conta o partido para a aprobación das listas de candidatos-as.

Ante a ausencia dunha Comisión Executiva Nacional Galega e a súa sustitución por unha Xestora, que leva meses sen convocar ao máximo órgano de dirección do partido entre Congresos, o Comité Nacional Galego; a Secretaria Xeral provincial representada por Raúl Fernández, debe, estatutariamente, encargarse da política xeral do partido adaptada ás especificidades da provincia.

Así mesmo, é esta Executiva provincial e o Comité Provincial os que debe determinar cales son os candidatos e candidatas máis idóneos para seren incluídos na lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense, tal como se fixoe recollen os estatutos do PsdeG e do PSOE

Do mesmo xeito, Raúl Fernández engade que nin a Comisión Nacional de Listas do PSdeG nin o Comité Nacional Galego, en vigor ata ao vindeiro Congreso Nacional, se reuniron para ditaminar as propostas das provincias e, polo tanto, o cambio nas mesmas non conta coas mínimas garantías nin é fiel ao que establecen tanto os Estatutos galegos coma os federais.

Polo tanto Raúl Fernández, en calidade de SX provincial, solicita a anulación da lista proposta pola Comisión Federal de Listas e o mantemento da proposta aprobada polo Comité Provincial de Ourense, toda vez que, o proceso de elaboración da mencionada lista foi, escrupulosamente, respectuoso co sentir e coas demandas de todas as agrupacións municipais. Respectouse e garantiuse, dende a dirección provincial do partido socialista en Ourense, a vontade expresada polas asembleas locais nas propostas e votacións realizadas, sen que se recibira reclamación algunha e materializouse, a vontade dos e das afiliados-as, nunha lista que incluiu a representantes de todas as sensibilidades do partido combinando renovación e territorialidade.

Ciudadanos denuncia la desorganización del gobierno de Dieste en Boiro (PPdeG)

Javier Chouza: “El alcalde es incapaz de organizar la administración... ..+

#XulioFerreiro "traspasou" a fronteira dos desfavorecidos para solicitar antidisturbios para ir contra seus pr…

Denuncian que XULIO FERREIRO, esta "LITERALMENTE ATRINCHERADO COMO UN OCUPA... ..+

El Hijo de Rosa Quintana, usa el sello IGP de origen protegida de Ternera Galega para venderla como NOVILLO ARGENTINO "bajo una solicitud de subvención pública" que "renuncio".

02-07-2018 Hits:943 hoy XornalGalicia

Marcos Ortega Quintana según la web www.ganadosortega.com esta introduciendo en el marcado mediante “encargo y venta online” anunciando a clinetes como TROPIC BURGUER, GRIFO, A GRELLA BRASERÏA, Somos la Pera Bar Shop, AC DC Restaurant, los productos carnicos que el mismo prepara bajo sello de CARNE DE TERNERA GALLEGA PROTEGIDA (IGP) desde Ganados Ortega con todas las carecterísticas del ganado argentino. Dice su publicidad.."no nos limitamos a criar, preparamos verdaderos chorizos criollos al estilo argentino" I.G.P. Ternera Gallega. Carne fresca y despojos de vacuno procedentes de ganado de las razas Rubia Gallega y Morenas Gallegas. "Ternera Gallega". Producto protegido. La I.G.P. “Ternera Gallega” establece como apto únicamente el ganado de las razas Rubia Galega, Morenas ... ganado se cria en explotaciones controladas por el Consejo Regulador.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi