Información
Portada

XSG: “Feijóo debería lembrarlle a Casado o que lle pasou a Gallardón por atacar os dereitos das mulleres”

Información
07 Febrero 2019 197 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O O secretario xeral aseverou que "para ter fillos/as, a mocidade non precisa que se limiten os seus dereitos, senón que se garanta que poidan ter unha vida en dignidade. As pensións pagaranse cando logremos recuperar o emprego de calidade e non teñamos que vivir nunha precariedade infame á que se ve sometida a mocidade galega ante a falta de políticas do goberno de Feijóo."

Bouza afirmou que "o PP se está vendo abocado a realizar todas estas propostas machistas e clasistas doutra época para tapar a súa nauseabunda corrupción." e preguntouse "cal será a vindeira proposta estrela? Que as mulleres precisen da autorización dun home para abrir unha conta bancaria? ou recuperar os Premios de Natalidade?"

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2019

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) saíron hoxe ao paso das declaracións trasnoitadas do presidente do Partido Popular, Pablo Casado, en relación ao sostemento das pensións a costa dos dereitos das mulleres.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, asegurou que "as mozas e mozos socialistas non imos a permitir nin un só paso atrás nos dereitos das mulleres. Se é preciso volveremos a saír a rúa, pero nós o faremos para defender os dereitos da cidadanía e non para enfrontala. Os dereitos das mulleres non son negociables nin cromos para pactar coa noxenta ultradereita de VOX."

Bouza afirmou que "parécenos moi ben que o Partido Popular queira volver á época das cavernas, xa o demostran co vocabulario extinto que están a empregar para insultar ao presidente do Goberno de España, pero nós non imos a tolerar que a sociedade retroceda polos seus caprichos machistas."

O dirixente socialista manifestou que "esperamos que Núñez Feijóo pase das palabras aos feitos e demostre o progre e moderado que di ser rexeitando de inmediato as declaracións pestilentes do presidente do Partido Popular ao que el mesmo lle deu o apoio."

O secretario xeral das XSG aseverou que "para ter fillos e fillas, a mocidade non precisa que se limiten os seus dereitos, senón que se garanta que poidan ter unha vida en dignidade. As pensións pagaranse cando logremos recuperar o emprego de calidade e non teñamos que vivir nunha precariedade infame á que se ve sometida a mocidade galega ante a falta de políticas do goberno de Núñez Feijóo."

Bouza afirmou que "o Partido Popular se está vendo abocado a realizar todas estas propostas machistas e clasistas doutra época para tapar a súa nauseabunda corrupción." A ringleira seguida preguntouse "cal será a vindeira proposta estrela? Que as mulleres precisen da autorización dun home para abrir unha conta bancaria? ou recuperar os Premios de Natalidade?"

Dende a Organización lamentaron que "o PP estea a converter a política nun lodazal no que poidan brotar novamente as dúas Españas que no pensamento clasista do PP nunca marcharon. Para eles, algún seguimos sendo cidadáns inferiores que non merecemos os mesmos dereitos. En consecuencia, non podemos ocultar que estamos altamente preocupados pola deriva fascista que está a tomar o Partido Popular."

O dirixente socialista recomendoulle a Casado que "en vez de ler as Leis Fundamentais do Réxime opte por ler a Constitución Española que aínda que non a apoiaran é norma máxima da nosa democracia. Sabemos que pedirlle que lea a Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo xa sería un exceso de lecturas, pero quizais así deixaría de dicir ocorrencias que poden menoscabar gravemente os dereitos das mulleres."

Os mozos e mozas socialistas concluíron afirmando que "a complicidade de Feijóo ante os constantes ataques do fascista Casado levaranlle a perder o goberno da Xunta de Galicia máis pronto que tarde, xa que sociedade galega non permitirá, como xa mostrou nas rúas, nin un paso atrás nos dereitos das mulleres."

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...