Información
Portada

Lamentan o falecemento dos compañeiros Enrique Veira e Alfonso Quintana

Información
27 Enero 2019 236 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

              

Á esquerda, Alfonso Quintana nunha imaxe de arquivo; á dereita, Enrique Veira

Á esquerda, Alfonso Quintana nunha imaxe de arquivo; á dereita, Enrique Veira

Enrique Veira Pino foi un dos fundadores das CCOO de Galicia e, de feito, resultou elixido membro da primeira Comisión Executiva Nacional, dirixida por Manuel Amor. Procedente do sector do metal —era traballador de Isolux—, tamén tivo cargos na antiga Federación Minerometalúrxica —actual Federación de Industria— e na Unión Comarcal de CCOO da Coruña.



O presidente da Fundación 10 de Marzo, Xan María Castro Paz, salienta a implicación de Enrique Veira coa loita antifranquista xa desde mozo, iniciada coa militancia nas Xuventudes Comunistas e máis tarde nas Comisións Obreiras. Isto valeulle «ser detido en xullo de 1967 e procesado, canda min e outros compañeiros, polo Tribunal de Orde Pública». O temido TOP condenounos a dous anos de cárcere, pena rebaixada a un ano polo Tribunal Supremo.

Alfonso Quintana Mena traballou ata a súa xubilación na Fábrica de Tabacos da Coruña. Afiliado a CCOO desde a clandestinidade, sempre participou de maneira moi activa no sindicato, fundamentalmente no ámbito da antiga Federación Agroalimentaria (FEAGRA) —fusionada hai poucos anos coa Federación de Industria—, onde desempeñou postos de responsabilidade no ámbito comarcal, así como na Comisión Executiva de FEAGRA en Galicia.

Francisco Vilar, membro da Comisión Executiva da Federación de Industria de Galicia e compañeiro de Quintana en FEAGRA, destaca a «activa militancia» deste compañeiro, que non deixou de colaborar co sindicato nin sequera despois da súa xubilación. «Onde había unha convocatoria sindical ou unha protesta, alí estaba Alfonso», salienta Vilar.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...