Información
Portada

Denuncian abandono da Alcaldesa ante un cetacéo de 30 toneladas na contorna de Oia

Información
10 Enero 2019 648 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

retiradabaleaoiaO cetacéo de case 30 toneladas vai ser un grave problema para a contorna de Oia, a súa veciñanza e para a persoas que traballan no mar.

Movemento Oia critica a falta de eficacia na xestión da retirada da balea varada nas rocas de Oia. O concelleiro do Grupo Mixto, critica á alcaldesa por non achegar información sobre a xestión na coordinación cos distintos organismos responsables das supostas vías para a resolución da situación. En casos anteriores de cetáceos de menos tamaño xestionouse a retirada dende o Concello, neste caso parece que vira unha atración turística en Oia.

 

Dende Movemento Oia reclamamos a falta de sensibilidade e ineficacia neste tema, a mínima actuación do goberno ea nula comunicación co resto da corporación municipal.

A retirada tornouse inviable, pola falta de decisión por parte das administración pertinentes.

GESUGA, Gestora de Subproductos de Galicia S.L., é a empresa que traballa nestes casos para a Xunta e encargase habitualmente da xestión do transporte para a posterior xestión nas súas instalacións, pero non é a responsable da súa retirada.

O concello non reclamou que se tentaran tomar outro tipo de medidas.

CEMMA, a coordinadora para o estudio dos mamíferos mariños alertou que cantos máis dias pasasen, maior sería o problema debido a súa descomposición.
Despois das conclusións de salvamento marítimo, a operación por mar sería moi complicada e dun gran risco polo lugar onde se atopa.

Nalgúns casos similares as manobras foron menos complexas ó encontrarse outros cetáceos coma este pero en superficies areais.

Tamén existe algún caso noutro país onde este tema se tratou cunha explosión controlada por unha empresa especializada.

A única solución viable a día de hoxe contempla a estratexia da coordinadora CEMMA. É un operativo moi complexo e imprevisible polo que está contemplada a posibilidade de precisar dous días para completar a operación que sería viable pero ten un custo elevado para o concello.

Este operativo consistiría na retirada da balea unha vez troceada a través da ascención dos restos ata o talude e o transporte ata os camións para a recollida para su deshidratado por parte de GESUGA.

Inda que o proceso se torna caro pola súa complexidade, para o benestar dos veciños e para o futuro, a coordinación e as axudas entre administracións fanse necesarias.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...