Información
Portada

Os socialistas sinalan que “Galicia segue a ser un corredor atlántico de buques”

Información
20 Diciembre 2018 213 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, saudou hoxe a sentenza xudicial coas indemnizacións pola catástrofe do Prestige e apuntou agora ás responsabilidades políticas pendentes dos responsables de converter nunha catástrofe o que era un accidente marítimo. Advertiu que Galicia “segue a ser hoxe un corredor atlántico de buques”.

 

A responsable socialista advertiu que de repetirse a catástrofe “a situación seguiría exactamente igual”, e considera “imprescindible que a sociedade cambie a percepción sobre o Medio Ambiente e que os que dixeron que eran hilillos de plastilina dean a cara para asumir responsabilidades políticas”.

Vilán lamentou a lentitude da Xustiza que vén de ditar laudo 16 anos despois, e puntualizou que “estamos contentos por ter unha sentenza, pero esta chega 16 anos despois do desastre, polo que dificilmente pode ser xusta, ademais de que aínda temos pendentes as indemnizacións”.

Sinalou que tanto o Estado como o goberno galego teñen que aboar as contías e recibir aquelas que adiantaron no seu día, ademais de que “está pendente a reclamación de España diante do Reino Unido”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...