Información
Portada

Feijóo dice que non hai cartos para os galegos/as pero para seus amigos de POVISA e AP Vigo sobran millóns..¡¡¡ A culpa dos galegos/as que votan PPdeG !!!

Información
18 Diciembre 2018 496 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Feijóo en nome dos galegos/as nun Concerto con  POVISA  regaloulle dende o SERGAS 75 millóns polas súas 400 camas e a permitiulle  a maiores  captar clientes públicos en todo a área sanitaria de Vigo.....

Ante a información de que a  Xunta pretende salvar novamente a POVISA (do grupo empresarial que controla a naviera Elcano) dunha situación de quebra pola súa mala xestión cunha inxección de 15 millóns de euros para pagar os fármacos de dispensación  ambulatoria entre o 2014 e o 2018,  a pesar de que estes estaban incluídos no Concerto Singular ( polo que o  SEREGAS paga  a este centro privado 75 millóns anuais), desde a Asociación  Galega para a Defensa dá  Sanidade Pública queremos comunicar:

1.- Que POVISA volve impoñer a súa estratexia de incrementar as súas ganancias por encima do acordado no Concerto Singular, como ven facendo desde sempre.

2.- Este centro privado consegue este obxectivo grazas a estar xestionado por persoas  con fortes relacións coa administración (as coñecidas portas  xiratorias) e ás ameazas de peche en caso  de non alcanzar os incrementos sobre o pactado. Con esta finalidade POVISA presentou un  pre- concurso de acredores o pasado setembro.

 

3.- Contrariamente ao que se di,  o SERGAS dispensa un trato moi favorable a este centro a pesar das irregularidades detectadas polo  Consello de Contas, a menor oferta de servizos e de persoal sanitario por cama ou as maiores listas de espera respecto dos hospitais públicos. Entre outras axudas, no último Concerto POVISA conseguiu que o SERGAS a pague  75 millóns polas súas 400 camas e a permita  captar clientes públicos en todo a área sanitaria de Vigo.

4.- Resulta escandaloso este transvasamento de fondos públicos a un hospital privado en plena crise da sanidade pública e especialmente da Atención Primaria. En Vigo dimitiron o 80% dos xefes de servizo dos Centros de Saúde  polos recortes de recursos e a mala situación dos seus centros. Cos novos 5 millóns de euros anuais para pagar medicamentos de POVISA poñeríanse crear arredor de 81 novas prazas de Atención Primaria na áreahttps://mail.google.com/mail/ca/u/0/#m_-5794025883024986379__ftn1 [1].

[1]   Segundo a Organización Médica Colegial a  retribución bruta dos medicos/as de AP de Galicia oscila en Galicia entre los 35.240 y los 63.392 euros brutos o año (2014), o que supón entre 47 e 115 prazas anuais .

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

lineaazul 1600