Información
Portada

Denuncian a gravidade e alarmante situación sanitaria da cidade de Vigo e o total abandono polo goberno de Feijóo "PPdeG"

Información
18 Diciembre 2018 252 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

"Seguen dimitindo" os xefes de servizo, apuntou o rexedor, con "practicamente todos" os responsables dos centros de saúde, 25 de 31, deixando as súas responsabilidades polo que "constatamos a gravidade" da situación sanitaria en Vigo, denunciou. 


Abel Caballero criticou que Núñez Feijoo leve "10 anos gobernando, di agora que non hai médicos e parece que non pasa nada", advertindo que debería ter previsto esta situación de falta de persoal sanitario.

Amais, dixo, o presidente da Xunta desbotou o proxecto integrador que existía para ampliar a atención primaria en Vigo, que contemplaba a creación de cinco centros novos, pactados e acordados con toda a sanidade viguesa e "non só non fixo centros senón que cerrou un".

O rexedor cualificou de "fracaso con maiúsculas" recoñecer dez anos despois de comezar a gobernar que non está en condicións de garantir a calidade asistencial en Vigo e Galicia. "É gravísimo e esíxolle que se poña a arranxalo e garantir a sanidade na cidade".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...