Información
Portada

A ciudade de Vigo amosa o seu apoio ao persoal sanitario do PAC de Vigo na súa andaina contra as políticas destructivas da sanidade galega orquestada por Feijoo

Información
15 Diciembre 2018 321 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O rexedor amosou o seu apoio aos responsables e ao persoal sanitario do PAC de Vigo e dos PAC da área sanitaria que atravesan, segundo lle relataron, unha situación "insostible" polo que reclaman "atención á Xunta de Galicia e máis dotación profesional para facer o seu traballo como corresponde".



No encontro mantido este venres co alcalde, os médicos do Punto de Atención Continuada de Vigo expuxeron que son 15 traballadores, unha cifra "insuficiente" que impide conceder as peticións de conciliación familiar ou reducións de xornada laboral por fillos a cargo, e que produce un "sobreesforzo" ao tentar manter a calidade da asistencia. O persoal sanitario advirte que a situación empeorará pola xubilación de 35 médicos en Atención Primaria este ano 2018 "o que vai derivar en maior presión sobre os PAC". Así, os médicos relataron que atravesan unha "situación límite, con pouco persoal e unha inmensa sobrecarga de traballo".

Abel Caballero manifestou que a preocupación na cidade aumenta "a medida que imos coñecendo os datos reais da situación sanitaria" co PAC e os centros de saúde con dificultades extraordinarias, chegando a provocar a dimisión dos responsables de practicamente todos os centros, as dificultades con POVISA "que non acaba de atender a Xunta" ou as deficiencias do Álvaro Cunqueiro que fai pagar aos usuarios polas visitas. "Bótase de menos", apuntou, o "Plan de Mellora de Atención Primaria de Emilio Pérez Touriño que paralizou a Xunta de Feijóo".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Semana das Industrias Culturais e Creativas, organizada...

Os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20...


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...