Información
Portada

Lugo canta o feliz aniversario á Muralla

Información
01 Diciembre 2018 256 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  Lugo canta o feliz aniversario á Muralla

Os actos conmemorativos organizados polo Concello con motivo do 18 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade teñen este venres a súa xornada central. Tras a degustación dunha gran torta onte no soto da Praza de Abastos elaborada por representantes da Asociación Lucense de Pastelerías e Confiterías, hoxe a programación comezou cun acto institucional na Mosqueira que incluíu a interpretación musical da canción de feliz aniversario ao monumento. A Alcaldesa, Lara Méndez, e membros da Corporación, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, entre outras autoridades, participaron no encontro xunto cun grupo de nenos e nenas.

 

Xa pola tarde, tivo lugar unha exhibición de zumba polo adarve da Muralla a cargo de Jesús Illán e Noemí Cerviño e a inauguración da exposición de fotografías sobre a Muralla de Pepe Álvez: Feitas con móbil; na primeira pranta do Vello Cárcere. Logo, seis corais puxeron banda sonora ao XVIII Aniversario da Muralla como Ben Mundial. A Coral Ecos do Miño Aestelu, na Porta de Bispo Aguirre; o Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, na Porta de San Pedro; o Orfeón Lucense, na Porta Falsa; a Schola Gregoriana Lucensis, na Porta Nova; a Coral Xolda, en Porta Miñá; e o Orfeón Xoán Montes, na Porta de Santiago. Unha vez rematada a actuación, desde o adarve da Muralla soltaranse pequenos faroliños.

O broche de ouro á programación virá da man da cantante melódica-lírica galega Andrea Pousa, que ofrecerá mañá un concerto no patio do Vello Cárcere, a partir das 20:00 horas. O acceso é libre ata completar cabida.
Para os máis pequenos e pequenas, o Concello convocou un concurso de contos, O Anel de Pedra. O prazo de presentación dos traballos é ata o 10 de xaneiro. Posteriormente, seleccionaranse os mellores e a entidade local editará un libro con eles.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...