Información
Portada

O líder dos socialistas acusa a Feijóo de negar tratamentos a pacientes de cancer e denuncia o uso de expertos sen espectativas sociais para ocultar as responsabilidades do falecido no centro do Sergas da Estrada por falta de atención médica

Información
30 Noviembre 2018 677 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu hoxe ao presidente da Xunta que aclare se "subscribe" as declaracións da experta que o PP convocou á comisión de investigación sobre os efectos na cidadanía dos recortes na sanidade pública e que cuestionou os tratamentos oncolóxicos por gañar "un par de meses" de vida.

CABALLERO ESIXE A FEIJÓO QUE ACLARE SE “SUBSCRIBE” QUE SE LLES NEGUE A PACIENTES ONCOLÓXICOS TRATAMENTOS PARA GAÑAR “UN PAR DE MESES” DE VIDA.

En concreto, Beatriz González chegou a afirmar que "é un problema estar dando tratamentos oncolóxicos" a pacientes cuxa perspectiva é gañar "un par de meses", dado o custe económico que supoñen.

Fronte a iso, o líder dos socialistas galegos urxiu a Feijóo a esclarecer se esa é tamén "a súa opinión" e se "subscribe" as declaracións dos expertos que o PP elixiu para acudir á comisión de investigación no Parlamento galego.

"O PP negou a comparecencia do familiar do home que faleceu no PAC da Estrada sen recibir asistencia médica e primou a presenza deste tipo de expertos", recalcou Gonzalo Caballero, quen reprobou que alguén alegue custes económicos elevados para poñer en dúbida a utilidade de "alongar a vida dun paciente". "Coma se fose unha cousa menor", concluíu.

 

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

Hoxe luns, 18 de marzo, ás 12 h na casa do concello terá lugar...

Poderá concursar toda persoa física ou xurídica. As obras deberán...

lineaazul 1600