Información
Portada

Noela Blanco acusa ao director xeral de utilizar o ente como “vehículo para realizar apoloxía do franquismo” coa ENTREVISTA AO PRESIDENTE DA FUNDACIÓN FRANCO NA CRTVG

Información
28 Septiembre 2018 1336 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Insta a arquivar o expediente aberto contra a presentadora Tati Moyano logo de defender diante de Feijóo a pluralidade nos medios públicos

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG, Noela Blanco, presentou hoxe unha pregunta oral sobre a decisión de incluír unha entrevista ao presidente da Fundación Franco o pasado 30 de agosto. Blanco criticou que teñan utilizado o ente como “vehículo para realizar apoloxía do franquismo” e para opoñerse á retirada de Franco do Val dos Caídos.

 

A responsable socialista sinalou o “arrepío” das afirmacións do representante daquela Fundación nunha canle pública, chegando a afirmar que o PSOE estaba “integrado no Movemento e a Falange”, confesándose “canso” polo “tema das cunetas”, para engadir que a maior parte das vítimas da Guerra Civil corresponderan ao “bando nacional”.

Blanco considera “moi perigoso darlle voz e lexitimidade a unha persoa que fai apoloxía do Franquismo” nunha entrevista sen réplica, máis alá de que a continuación entrevistaran a un historiador que “non representa a ningunha asociación para a Recuperación da Memoria Histórica”.

Expediente

Noela Blanco presentou hoxe unha pregunta oral na que lle instou ao director xeral da CRTVG que retire o expediente disciplinario presentado contra a presentadora Tati Moyano logo de defender a pluralidade nos medios públicos nun acto ao que asistía Feijóo. Criticou que “actuaron con exceso de celo para ter a escusa perfecta para desprestixiala, danar a súa imaxe pública e poñer en dúbida a súa profesionalidade”.

A CRTVG decidiu expedientar á presentadora coa escusa de terse maquillado nas instalacións do ente antes de participar, sen percibir ningún tipo de remuneración, naquela gala da Asociación Española Contra o Cancro.

Reclamoulle ao presidente da CRTVG que “deixe de incendiar a CRTVG, que paren dunha vez por todas os permanentes ataques ao persoal e que peche este expediente da vergoña que o único que fai é desprestixiar á radio e televisión públicas”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600