Información
Portada

As veciñas e veciños de Touro e O Pino, cansos da inoperatividade do Presidente Feijóo e súa Administración galega acuden a outras administracións públicas con mais confianza que no PPdeG.

Información
14 Septiembre 2018 423 votos

feijoo traidor dosinetresesdosvecinoseencubridordoenvenenamentocoaminadetouroVeñen de iniciar esta semana varias peticións ante distintos organismos públicos para que actúen sen máis demora, dada a gravidade da situación que viven ambos concellos coruñeses. A solicitudes tramitadas céntranse en tres puntos:

 

1.- Cumprimento da Lei 19/2013 de transparencia, acceso á información
pública e bo goberno por parte dos Concellos, que no seu artigo 8 indica que deberán
publicar, como mínimo, a información relativa aos actos de xestión administrativa
con repercusión económica e presupostaria que se refiren ás retribucións percibidas
anualmente polos altos cargos e máximos responsables das entidades, as
indemnizacións percibidas e, no seu caso, con ocasión do abandono do cargo”, non
existindo nas suas páxinas web documentación algunha correspondente ás Actas de
Acordos Plenarios ou de Xunta de Goberno Local, nin relativa ó réxime de
retribucións dos membros das Corporacións, o que supón unha grave vulneración das
súas obriags de transparencia, obstaculizando que os administrados poidan coñecer
o ordinario actuar desas Administracións.

2.- Os veciños e veciñas de Touro e O Pino veñen sufrindo as consecuencias da
contaminación medioambiental no entorno da antiga mina, convertida desde hai 30
anos en canteira de áridos, vertedoiro e campo experimental de tecnosolos, o que
supón que periódicamente se teñan que realizar denuncias por particulares sen que os
concellos se den por aludidos nin se vislumbre pola súa parte unha intención de tomar
parte, por elo vimos de presentar sendas queixas ante Saúde Pública, concellos,
Seprona e Consellería de Medio Ambiente para que se actúe con celeridade e de
oficio solicitando: análises das augas de consumo humano en todas as captacións, en
depuradora e en saída en grifo e que os resultados de ditas analíticas se publiquen nas
páxinas web de cada un dos concellos coa periodicidade coa que se realicen. Pedimos
que, ante os cheiros continuados procedentes das actividades levadas a cabo nos
terreos da antiga mina, se cumplan as condicións nas que se lle aprobaron ás empresas
que operan nesas instalacións as correspondentes Declaracións de Impacto Ambiental,
se manteñan os libros de rexistro de queixas por malos olores ó día nos Concellos
afectados e se de tramiten as mesmas no prazo máximo dunha hora como así lle foi
esixido, así como o establecemento dunha estación móvil de medición de calidade do
aire con carácter permanente nas zonas onde diariamente os veciños e veciñas veñen
sufrindo estes cheiros e que nada teñen que ver, por suposto, coa actividade agraria.

3.- En relación ao proxecto de explotación mineira publicitado o 25 de agosto
de 2017, e tendo coñecemento nestes días polos medios de comunicación da
presentación de novos informes por parte da empresa promotora, indicándose que
ésta respondeu ás alegacións presentadas, temos que indicar que a veciñanza que
presentou alegacións en prazo non ten recibido ningunha resposta sobre as mesmas
nin comunicación de novos informes de resposta a informes sectoriais polo que
demanda da Xefatura Territorial de Minas de Coruña, encargada do trámite do
expediente en curso, que se fagan públicos e se poñan a disposición de todas as
persoas que se personaron ou se queiran personar no procedemento en tanto non
recaia resolución definitiva, así como do traslado da resposta ás alegacións emitidas
pola promotora. As características e afectacións deste proxecto non poden ser
secretas, debendo ademáis ser coñecidas en tempo para unha axeitada defensa dos
interses dos cidadáns e as organizacións que se personaron como parte afectada e
todas aqueloutras que aínda o queiran facer.

É fundamental que a Administración actúe, despois de máis de 20 anos de
interposición de denuncias de xeito continuado, sobre estes problemas sen resposta,
acolléndose ó silencio administrativo para deixar caducar os procedementos.

A saúde das persoas é fundamental e neste caso considérase que se está
deixando ao marxe e agardando a que o problema sexa maior para actuar e depurar
responsabilidades, como ocorreu con outras catástrofes recentes. A Administración
debe actuar cando coñece o problema, non cando o mal sexa irreversible.

Este será o inicio de moitas outras queixas e peticións que serán dirixidas a
TODAS as Administracións e forzas políticas ata que se atendan as demandas dos
veciños e veciñas de Touro e O Pino, que non imos a seguir sendo consentidores do
desastre medioambiental que nos nosos concellos se leva producindo durante
décadas nin dos danos que sobre a nosa saúde éstes teñen.
Imaxen do río Brandelos, afluente do Ulla.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi