Información
Portada

Na Galiza o número de pensións de viudedade son 187.000, onde a pensión media é de 549.49€/mes ( fenda da pensión con respeito a do estado español 14.15%).

Información
01 Septiembre 2018 1949 votos

A SUBIDA FANTASMA

O goberno do PSOE sae cunha subida as pensións de viudedade como quén sae cunha pócima máxica para poder solventar o problema do empobrecemento económico das maioria das mulleres, pero a pócima quedou en mero caldo.

 

A modificación da base reguladora das prestacións da viudedade xa se contemplaba na Lei 27/2011 de 1 de agosto  pero cunha subida do 52% o 60%, pero o acordo actual é de subida do 52% o 56% da base reguladora.

A pregunta que nos deberíamos facer é: Dita subida é real? Beneficiaranse as rendas máis baixas? A realidade é outra e a intención tamén.  Dita subida ven  suxeita a cumprir determinados requisitos que deben concurrir, é decir, o incumprimento de un só xa se perde o dereito.

 

 

En España hai 2,3 millóns de pensións de viudedade que nun 92% perciben mulleres, cunha media da prestación duns 640 €/mes, e onde o 35% precisan de complementos a mínimos.

Na Galiza o número de pensións de viudedade son 187.000, onde a pensión media é de 549.49€/mes ( fenda da pensión con respeito a do estado español 14.15%). Serían beneficiarias da subida da súa pensión 50.000 pensións de viudedade, pero soamente verán modificada a cuantía da súa pensión 19.140 viudas e das cales sobre mil tiveron só unha  subida parcial.

Polo que en Galiza sobre un 10% de viudas serán as que terán de verdade o dereito a suba.

Soamente Extremadura e Baleares son as outras comunidades con menos beneficiarias  de dita subida.

Segundo o gobernó español o coste desta subida foi de 27.5 millóns, pero a consta de quén? Pois si vos digo que o que o Estado asume nos Orzamentos Xerais do Estado de Complementos a Mínimos é de 6.5 millóns , queda claro quén paga esta súbida ( a propia Seguridade Social) e quen se libra de pagos que lle corresponden según o seu querido “Pacto de Toledo” ( os Orzamentos Xerais do Estado).

Polo que seguimos endeudando máis a propia Seguridade Social, sen que isto repercuta positivamente na economía da nosa cidadanía, das nosas mulleres.

En definitiva a medida é discriminatoria con relación as pensións máis baixas, pois as mínima que son as que perciben os complementos a mínimos quedarán iguais, aquelas viudas que perciban outra pensión aínda que sexa a súa suma ridícula tamén quedan excluidas, as menores de 65 tamén excluidas…

                

¿Qué sentido tén un esforzo económico, si non repercute na cidadanía?... Seguir alimentando a gran mentira da insostenibilidade do sistema. BASTA XA.

“GOBERNEN QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE”



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi