Información
Portada

Ante a morte dun paciente "abandonado dentro do PAC da Estrada sin asistencia médica" entre outras piden a dimisión do Consellerio de Sanidade e dos responsables do EOXI de Santiago de Compostela

Información
13 Agosto 2018 703 votos

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, quere expresar a nosa repulsa e preocupación por que a un paciente non se lle pudo prestar atención inmediata no PAC da Estrada que quedou sen profesionais que cubrisen esa ausencia polas políticas de recortes e contratacións da Conslleria de Sanidade

1.- Consideramos que este suceso é o resultado da política de recortes de recursos sanitarios (mentres se despilfarran recursos na colaboración público privada de centros, na concertación con centros privados ou en medicamentos innecesarios ) levada a cabo polo goberno da Xunta para reducir gasto público e favorecer ao sector sanitario privado (cada vez máis potente en Galicia), algo que vimos denunciando desde fai anos dende a Plataforma.

2.- Os recortes non afectan só aos servizos de urxencias (que carecen do persoal necesario para atender todas as urxencias), senón tamén  a toda a Atención Primaria onde non se cobren as baixas e vacacións do persoal de medicina de familia ou se pechan consultas de pediatría. Isto xera situacións inaceptables como a masificación das consultas (máis de 50 pacientes ao dia), a aparición de listas de agarda nos centros de saúde (que superan amplamente a semana) ou que ás familias deban realizar grandes desprazamentos para que o seu fillos sexan atendidos por pediatras.

Esta  situación supón unha barreira que dificulta  o acceso á asistencia, deteriora a calidade na atención, e Xera una gran malestar social e profesional. Si non se corrixe a tempo, a atención primaria pode entrar nun proceso de degradación de difícil reversión.

3.- A escusa do SERGAS de que falta persoal dispoñible resulta inaceptable xa que é consecuencia da ausencia de planificación, dunha desastrosa política de persoal baseada na precarización (obriga a emigrar a moitos profesionais) e da incapacidade para xestionar o sistema dos actuais responsables da Conselleria e do SERGAS.

Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, exiximos:

1.- A dimisión do Consellerio de Sanidade e dos responsables do EOXI de Santiago de Compostela.

2.- O fin das políticas de recorte e desmantelamento da Sanidade Pública Galega, especialmente da Atención Primaria.

3.- A eliminación da tasa de reposición e a súa formula de computo, que so permite convocar as vacantes producidas ni ano anterior, impidindo así convocar as xeradas entre o 2010 e 2016.

4.- Un Plano de Estabilidade que permita converter en interinas, todas as prazas estruturais cubertas con contratos eventuais

3.- Reforzar os dispositivos de atención ás Urxencias nos PAC.

4.- Un Plan Urxente de Reposición de Recursos Orzamentarios e de Persoal.

O malestar social  e profesional con esta situación e moi grande  e pode abocar a novas mobilizacións se non se corrixe pronto  esta política sanitaria da Xunta de Galicia 



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi