Información

Esixen na sede da RAE respecto polo galego e unha desculpa pública pola deturpación dos topónimos

Información
23 Julio 2018 1514 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Protesta RAE (Foto: Álvaro Minguito)A Lei de Normalización Lingüística, aprobada fai 35 anos por unanimidade do Parlamento, sinala no artigo 10 que a única forma legal e oficial da toponimia do país é en galego, “porque é a súa lingua orixinal e xenuína”, recalca a viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil.

Pese a este marco legal, o Bloque denuncia a pertinaz actitude de “desleixo” e de “falta de respecto” da Real Academia Española (RAE) tanto cara ao texto legal como ao idioma do país, o que motivou un escrito de protesta e reivindicativo dirixido ao Pleno da RAE que a formación nacionalista presentou hoxe no rexistrou da sede desta institución en Madrid.

 

“A Academia española leva vulnerando esa lei desde hai moito tempo, -a mostra máis recente nas redes sociais da institución-, e o BNG non está disposto a deixar pasar por alto nin unha soa falta de respecto máis ao país e ao noso idioma”, salientou Rodil, tras rexistrar o  escrito acompañada por responsables políticos e militancia.

“Pedimos que cumpra a lei pero tamén que cese nese desleixo contra o país, que respecte os dereitos lingüísticos deste pobo e que, como institución, dea unha desculpa pública a todos os galegos e galegas”, reclamou a viceportavoz parlamentaria.
Foto: Álvaro Minguito.

O BNG tomou a decisión de facer esta denuncia “ante a pasividade absoluta por parte de quenes deberan ser os primeiros valedores da lingua”, explicou, tanto da Xunta como da propia Real Academia Galega. “Por iso esta iniciativa, para deixar claro que non imos permitir nin unha soa falta de respecto máis”.

Rodil, que lembra que na actualidade esta academia está dirixida polo galego Darío Villanueva, salientou que o argumento da RAE de que se trata dunha tradución non se sostén, “non é máis que un despropósito que vulnera a lei de normalización lingüística”. “Son sabedores das normas que rexen para a toponimia e queremos que se cumpra o que fai 35 anos aprobou por unanimidade Galiza no seu Parlamento: Que a toponimia só ten unha forma orixinal e xenuína que é en galego”, alega.

Rodil foi rotunda ao rexeitar o argumento co que pretende xustificarse a RAE.

“Non hai ningunha tradución posible da nosa toponimia con usos como "orense", "sangenjo" ou "rianjo" porque non é unha tradución senón unha deturpación que non se corresponde cos termos orixinais”. Por non citar casos que poden rozar o absurdo  de aplicar ese argumento da tradución á grafía en castelán, onde poderíamos topar con disparates como "carballino" en substitución de O Carballiño, que mesmo farían irrecoñecibles os topónimos.

“Cesar nesa actitude de desprezo reiterado cara a Lei de Normalización Lingüística e cara os dereitos lingüísticos dos galegos e das galegas. Rectificación e desculpas públicas porque estamos ante un falta de respecto”, concluíu Rodil, sintetizando o obxectivo do escrito presentado polo Bloque.

 
 
 
 

Descarga:

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi