Información
Portada

Absolto o alcalde de Abegondo, acusado de permitir construír máis de 50 vivendas en chan rústico

Información
21 Julio 2018 2746 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Xulgado do Penal número 2 da Coruña absolveu ao alcalde de Abegondo, José Antonio S.M., do delito continuado contra a ordenación do territorio do que foi acusado pola Fiscalía pola construción de vivendas en chan rústico entre 2002 e 2007 en Limiñón. O maxistrado sentenciou como autores dese delito -contra a ordenación do territorio- ao ex alcalde de Abegondo Juan José  R. e a tres técnicos municipais. Ao ex rexedor impúxolle oito anos de inhabilitación especial para o exercicio de todo cargo ou emprego público relacionado coa construción.

 

A un dos arquitectos condenouno a dous anos de prisión e a dez de inhabilitación para cargo ou emprego público relacionado co urbanismo; e aos outros dous técnicos, a sete e oito anos, respectivamente, de inhabilitación para o exercicio de todo emprego público ou cargo relacionado coa construción.

O xuíz declara tamén a "ilegalidade" de todas as licenzas que se trataron neste procedemento penal e deixa en mans da xurisdición Contencioso-administrativa a decisión sobre a derriba dos inmobles ou a reposición da legalidade. A sentenza, con todo, ordena ao arquitecto inhabilitado durante dez anos a derrubar, por conta propia, a casa que ten na zona, pois destaca que "participou no procedemento e tivo ocasión de defender a legalidade da súa vivenda".

"No caso que se resolve, o exposto xustifica non só a sanción penal, senón que a impón, pois basta contemplar as imaxes aéreas das urbanizacións deseñadas e consentidas polos acusados para advertir que o patrimonio paisaxístico de Abegondo quedou seriamente danado. Non se trata dunha vivenda ou dous ilegais e ilegalizables", sinala o maxistrado do Xulgado do Penal nº2 na sentenza, na que especifica que "se trata de máis de cincuenta licencias en diferentes actuacións, e algunhas leiras máis tamén afectadas". O maxistrado recalca que "zonas enteiras do municipio" foron "convertidas nunha arbitraria e irracional dispersión de edificacións, co resultado dun feísmo agravado e unha caótica e posiblemente irreparable urbanización do Concello".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...