Información
Portada

Decanos de Ciencias do Mar de España renova a súa directiva, por primeira vez liderada por unha muller

Información
23 Junio 2018 1905 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

decanoscienciasdelmarA Conferencia de Decanos de Ciencias do Mar de España, impulsora do International Symposium on Marine Sciences, aproveitaron a nova edición do ISMS en Vigo para celebrar unha reunión entre todos os seus membros para, entre outros aspectos, renovar a súa directiva. Por primeira vez será unha muller a que lidere esta asociación de ámbito nacional que traballa de forma conxunta polo futuro da profesión: María Esther Torres, decana de la Facultade de Ciencias do Mar de la Universidad das Palmas de Gran Canarias será a nova presidenta da entidade.

Milagrosa Soriguer, da Universidad de Cádiz, será a nova tesoreira; Ana Bernabeu, da Universidade de Vigo, exercerá o cargo de secretaria; e Miquel Canal (Universidade de Barcelona), Jesus Prieto (Universidad Católica de Valencia) e Carlos Valle (Universidad de Alicante) serán os vogais.

Xunto con este cambio na directiva, a Conferencia de Decanos debateu outras cuestións de importancia para o futuro das persoas profesionais das ciencias mariñas, como a inserción laboral dos xa licenciados e licenciadas. As decanas e decanos acordaron emprender accións conxuntas entre os decanatos das seis Facultades de Ciencias do Mar de España e as asociacións profesionais de oceanógrafos de todas as comunidades autónomas para a mellora desta inserción laboral e a difusión das competencias destes profesionais.

Fin do simposio

O VI International Symposium on Marine Sciences pechou este venres as súas portas en Vigo cun grande éxito de participación: máis de 500 investigadores e investigadoras procedentes de 14 países, o dobre de asistentes que na última edición celebrada na cidade en 2009.

Durante o acto de clausura a decana da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo e representante do ISMS e do V Encontro de Oceanografía Física, Ana Bernabeu, agradeceu a todas e todos os participantes tanto a calidade dos traballos presentados como a alta participación de estudantado que quixo compartir a súa investigación.

Algo que tamén coincidiu en destacar Óscar Nieto, do XIX Seminario Ibérico de Química Marina; Ángel González, representante do workshop Patrimonio Cíes; ou Francisco Rodríguez, da XIII Reunión Ibérica de Algas tóxicas e biotoxinas mariñas, quen salientou a importancia de facer seis congresos nun para favorecer o intercambio de coñecementos e a transversalidade. Pola súa banda, Paloma Morán, do International Science Conference do Campus do Mar, desexou a todo o alumnado participante "moitos éxitos e a oportunidade de que podades seguir facendo ciencia".

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600