Información
Portada

As instalacións e traballadores da CRTVG catalogan como “venres negro” en protesta polo control político do ente CONVERTIDO literalmente no panfleto político do PPdeg

Información
22 Junio 2018 985 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

comisioncrtvgLuis Álvarez relaciona a manipulación informativa coa dimisión dos presentadores do Telexornal e a caída de cotas de pantalla

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Luis Álvarez, responsabilizou hoxe ao director xeral da CRTVG da estratexia da canle de “minimizar” a información sobre a sentenza da Gürtel contra o PP “ata extremos insultantes”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión parlamentaria na que relacionou a manipulación informativa coa caída de audiencia, ata un 9,9 en maio.

Álvarez advertiu da “crise de credibilidade” que está a vivir o ente logo de adoptar unha liña política favorable ao PP, que ten provocado a caída da audiencia e mesmo a dimisión de dous presentadores do telexornal da noite como protesta pola manipulación informativa.

Os dous deputados socialistas da Comisión asistiron hoxe á Comisión vestidos de negro en respaldo ao “venres negro” convocado polos traballadores da CRTVG en protesta polo control político do ente, así como pola supresión dos informativos locais e a eliminación da grella do programa Diario Cultural para trocealo e repartilo ao longo do día.

 

O parlamentario socialista criticou que a información da sentenza da Gürtel fora ofrecida de forma equiparable á petición de dimisión da deputada de En Marea Paula Quinteiro e ofrecida despois dos acordos do Consello da Xunta daquel día. Sinalou que a manipulación chegou a que suprimiran dun telexornal ao seguinte as imaxes dun cartel detrás do presidente da Xunta sinalando que o PP estaba “falecido por corrupción”.

Reclamou ademais unha explicación pola portada da web da CRTVG do 27 de maio, na que o titular era que “o PP di que Pedro Sánchez pretende asaltar o poder”. Luis Álvarez sinalou que “a conclusión é que dende presidencia do goberno se dixo que había que minimizar a sentenza da Gürtel, e independentemente de que se producira ou non esta orde, a realidade sitúa á TVG nun plano moi inferior ao tratamento noutros medios”.

Balance contable

Luis Álvarez interveu tamén na comparecencia do director xeral da CRTVG para presentar o balance contable do ente relativo a 2017, cando rexistrou unha redución do 10,2 por cento nos ingresos por publicidade previstos, o que supón 870.000 euros menos. Ao mesmo tempo, a CRVTG tivo que recibir durante aquel exercicio unha ampliación orzamentaria de 3,6 millóns de euros que “correron a cargo do orzamento galego”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...