Información

Ana Pontón insta a Feixóo a dimitir en canto se postule a suceder a Raxoi

Información
12 Junio 2018 1631 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Piden ao presidente da Xunta que por respecto a Galiza presente a súa dimisión ao minuto seguinte de formalizar a súa candidatura a ocupar a vacante deixada en Génova, porque este país non poder ter un presidente en “modo sucesorio” que ten na cabeza “unha axenda de ambición persoal en lugar de unha axenda de país”.

“Até agora tivemos un Feixóo subordinado a Raxoi que levou Galiza á irrelevancia política, desaparecida do debate estatal, incapaz de dar a cara polos intereses dos e das galegas. E agora xa pasamos a un presidente en modo sucesorio, en modo campaña para suceder a Raxoi que só ten na cabeza como solucionar os lios internos do PP, como pilotar un PP condenado por corrupción”, salientou Pontón.

Neste contexto, a dirixente do Bloque considera que debe deixar Monte Pío en cando se postule como candidato. “O mínimo de respecto por este país pasa porque anuncie a súa dimisión no mesmo momento en que formalice a súa carreira sucesoria. Ten que elixir: ou sucesor de Raxoi ou presidente de Galiza”, instou Pontón, para quen este país “nin pode ser prato de segunda, nin premio de consolación, nin sala de espera VIP para coller o avión a Madrid”.

 

“É lexítimo que Feixóo queira postularse, pero sería ilexítimo e unha falta de respecto a Galiza ter un goberno paralizado, condicionado pola súa ambición persoal e a este país subordinado aos intereses do PP”, recalcou.

A outra cuestión na que a dirixente nacionalista fixo fincapé neste escenario político é a urxencia de defender unha axenda de país, -Axenda Galega 2020 en definición do BNG-, e cun presidente “interino” é o Parlamento quen debe asumir ese papel. “Imos propoñer que o Pleno active unha axenda galega que nos permita avanzar e deixar atrás a irrelevancia política”, recalcou, ao tempo que explicaba a proposta nacionalista a curto e medio prazo.

Deberes a Pedro Sánchez

Entre os deberes inmediatos ao Executivo de Pedro Sánchez: Levantar o veto á transferencia da AP9, derrogar a prórroga de ENCE, tarifa eléctrica galega similar a que xa ten Euskadi, e unha medida de gran simbolismo democrático como é a devolución do Pazo de Meirás.

A medio prazo, as cuestións de país pasan por negociar un modelo de financiamento que deixe atrás a discriminación aos concellos, un concerto económico e unha fiscalidade adaptada á realidade galega. Xulgados de violencia machista en todas as grandes cidades nesta lexislatura, transferencia de 180M€ que o Estado debe en materia de dependencia, chegada do AVE e un plan de investimento para a modernización ferroviaria. Igualmente, activar a transferencia da competencia de tráfico, portos e aeroportos.

Pontón tamén puxo sobre a mesa a necesidade de evitar que Galiza quede atrás dándolle un novo status. “Neste parlamento temos que facer os nosos deberes cunha ponencia para analizar o esgotamento do réxime do 78 e formular unha proposta de novo marco político. O BNG xa ten formulada a súa posición no documento Bases democráticas”.

Clamor social contra a bomba contaminante da Mina de Touro-O Pino

Pontón expresou os parabéns pola multitudinaria manifestación en contra do proxecto de megaminaría contaminante e espoliadora da Mina de Touro-O Pino, da que a Xunta debe tomar nota “e paralizar unha bomba contaminante que ameaza o noso medio ambiente, pon en risco o futuro de sectores económicos básicos e miles de empregos”.

“Esta mina non constrúe, esta mina destrúe porque supón un serio risco para as actividades agrogandeiras, forestais, pesqueiras, marisqueiras, o cultivo do mexillón ou o propio sector turístico, a empezar polo camiño de Santiago”, enfatizou, ao tempo que denunciou a campaña de manipulación da multinacional Atalaya Mining, “máis que contaminación cero, confianza cero”, concluíu.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi