Información

Villoslada critica a “falla de apoio e sensibilidade” de Feijóo para comprometerse cos emigrantes retornados

Información
XornalGalicia 23 Mayo 2018 193 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Emigrantes retornadosO responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, acusou hoxe ao goberno galego de incumprir co acordo parlamentario aprobado en maio de 2017 para garantir o pagamento das pensións aos emigrantes retornados de Venezuela. O responsable socialista presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento na que lamentou a “falla de apoio e sensibilidade” de Feijóo.

 

O responsable socialista explicou que hoxe hai en Venezuela máis de 45.000 galegos e galegas, e Galicia acolle a máis de 3.000 retornados daquel país que teñen paralizadas as súas pensións en contra dos acordos bilaterais entre España e o país caribeño. Sinalou ademais que ao figurar recoñecidos como pensionistas, independentemente de que cobren ou non, non poden acceder a ningún tipo de axuda asistencial.

Explicou que esta situación súmase ás “campañas intensas da Axencia Tributaria para a regularización do IRPF, provocando en ocasións unha situación de dobre imposición castigando de forma indefendible aos emigrantes”. Sinalou as advertencias mesmo de técnicos de Facenda denunciando a “persecución aos emigrantes máis que ás grandes bolsas de fraude”.

Este foi o motivo polo que o Parlamento aprobara, hai agora un ano, unha proposición non de Lei socialista para que a Xunta se dirixira ao goberno central e resolvera esta situación, ademais de garantir o desbloqueo das axudas. Díaz Villoslada criticou que non teñen feito “ningunha xestión” neste sentido, por moito que o presidente da Xunta asumira o seu compromiso co retorno de emigrantes na última sesión de investidura.

Lamentou que “a realidade día a día é moi distinta, e moitos emigrantes retornados están sufrindo unha situación palmariamente oposta ás palabras grandilocuentes de Feijóo. Criticou a desatención do presidente da Xunta con estas persoas, e esixiulle neste sentido que reciba aos colectivos representativos destas persoas que “estanlle pedindo unha xuntanza que si lles están concedendo noutras autonomías máis sensibles”.

Os socialistas galegos, anunciou, presentarán de novo unha moción para reiterar as peticións de apoio á emigración venezolana, pero tamén á do resto dos Estados, e lembrou que Galicia conta co 21 por cento do padrón de españois residentes do exterior, máis de medio millón de persoas.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi