Información
Portada

As tradicións marítimo-fluviais galegas seducen ao público de Pasaia

Información
18 Mayo 2018 735 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

1be98afa c766 4b58 831c bbb277e37054Os peiraos de Trintxerpe, San Pedro e Donibane convertéronse este xoves nun auténtico fervedoiro. O público ateigou a liña de costa da extensa enseada de Pasaia para asistir en primeira liña á sesión de navegación inaugural do I Festival Marítimo que organiza a localidade euskaldún. Unha cita na que Galicia, a través de Culturmar, está a amosar todo o seu potencial cultural e patrimonial; tanto dende a lámina de auga, grazas á vintena de embarcacións tradicionais ata alí desprazadas; como dende terra, da man das palangreiras, redeiras, carpinteiros de ribeira, palilleiras e demais integrantes da delegación galega.

 

Ás seis da tarde deste xoves quedou oficialmente inaugurado o I Festival Marítimo de Pasaia, cunha travesía que converteu a enseada desta localidade fortemente ligada ao mar nun espectáculo de velas despregadas. Ás embarcacións locais uníronse as dornas, bucetas, botes e gamelas galegas; que coas súas manobras acapararon a atención dunha atentísima e expectante multitude.

Pero se a actividade buliu sobre as ondas, non foi menos en terra. E é que na zona expositiva da delegación galega o ir e vir do público non decaeu ao longo de toda a xornada. A música en directo de gaiteiros e demais músicos tradicionais; pero tamén os sabores dos petiscos mariñeiros servidos no Espazo Gastronómico; conseguiron que a animación e o bo ambiente non decaíse.

Non foi menos a atención acaparada polo traballo manual en directo dos artesáns do Espazo Obradoiros. A oportunidade de contemplar de preto a habilidade das mans de redeiras, palilleiras, palangreiras e carpinteiros de ribeira deixou prendido ao numerosísimo público vasco e francés que asistiu á cita. Público que non deixou tampouco de interesarse pola información turística e cultural distribuída dende os postos das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra; do Ecomuseo de Arxeriz; e da Mancomunidade Arousa Norte.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

lineaazul 1600