Información
Portada

As celebracións das Letras Galegas chegan ao seu cume cun documental e os actos centrais en Carril

Información
16 Mayo 2018 1124 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A programación deseñada pola Concellería de Cultura para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á María Victoria Moreno, chega estes días ao seu cume.  “A palabra xusta” é o título do documental que se proxectará mañá, a partir das 21.00 horas no Salón García coa colaboracio´n do Cine Club Ádega. O

audiovisual baséase na labor desenvolvida pola pedagoga viguesa Antía Cal, que nos anos 60 fundou na cidade olívica a Escola Rosalía de Castro. Este feito servirá de base para abordar a temática da educación partindo da lingua materna.

 Na véspera do 17 de Maio proxectarase un interesante documental sobre a labor da pedagoga viguesa Antía Cal, e o propio día das Letras, o xoves, os actos centralizaranse en Carril onde, ademais da tradicional ofrenda floral ante o busto de Rosalía de Castro haberá varias actuacións folclóricas e musicais.

O programa pecharase o luns 28 con teatro para os alumnos de institutos.

O documental dirixido por Miguel Piñeiro data do ano 2016 e ten unha duración de 74 minutos. A entrada é de balde.

Xa o xoves, día festivo, os actos do Día das Letras Galegas comezarán ás 11 da mañá en Carril con pasacalles a cargo do Grupo de Gaitas Malveiras. As 12 na Praza da Liberdade actuará a escola de baile e pandeireta e a continuación tocará a Rondalla Gato Negro. As 12.30 terá lugar a tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro, acto no que participará o alcalde, e concelleiros do goberno, así como do resto da Corporación. As celebracións volverán á Praza da Liberdade ás 13.00 horas para dar comezo ao concerto co que Davide Salvado e Pedro pascual amenizarán a sesión vermú. Para rematar a celebración, ofrecerase un pincho popular na sede do Gato Negro.

En caso de choiva, os actos trasladaríanse ao Gato Negro.

A programación das Letras Galegas aínda terá un último acto. Será o luns, 28 e consistirá na representación teatral da obra “Leonardo e as Fontaneiras” a cargo da compañía Ubú Teatro. Tr´`atas dunha representación para alumnos dos institutos da cidade. Antón, un dos protagonistas da obra, narra as aventuras de colexio que viviu cando era neno coa súa compañeira Begoña. Esta adaptación teatral traslada ao público ao universo que a autora homenaxeada este ano o Día das Letras, María Victoria Moreno, creou para o seu personaxe Antón.

Por outro lado, e exposición sobre a vida e obra de María Victoria Moreno instalada na Biblioteca Municipal, aínda poderá visitarse ata o 30 de maio

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...