Información
Portada

A Escola de Idiomas de Viveiro tivo a ben feminizar o seu nome escollendo a figura da escritora mariñá Luz Pozo Garza.

Información
14 Mayo 2018 802 votos

Luz Pozo Garza

O Observatorio da Mariña pola Igualdade parabeniza á Escola de Idiomas de Viveiro pola feminización do seu nome atendendo á chamada da campaña #NomearmosEnLila.

 

Despois de ser coñecedoras no mes de novembro das iniciativas de cambio de nome de centros escolares da Mariña, desde o Observatorio botamos a andar a campaña #NomearmosEnLila.

 

Buscamos con ela corrixir o desequilibrio actual na escolla de nomes femininos e masculinos en edificios, rueiros, asociacións, fundacións ou centros escolares. Entendemos que é de xustiza visibilizar a participación das mulleres na sociedade da que formamos parte.

Atendendo á proposta suscitada polo Observatorio no seo de #NomearmosEnLila, a Escola de Idiomas de Viveiro tivo a ben feminizar o seu nome escollendo a figura da escritora mariñá Luz Pozo Garza. Desde o Observatorio parabenizamos e felicitamos á Comunidade Educativa da EOI de Viveiro pois consideramos que están a exercer con responsabilidade a obriga de ofrecer unha educación integral ao alumnado do centro.

Consideramos o paso dado pola EOI de Viveiro, agora EOI de Viveiro Luz Pozo Garza, como un magnífico exemplo para outras institucións académicas e Escolas de Idiomas do país e que sitúa á EOI de Viveiro na vangarda do feminismo na educación, guiando á xente moza nos camiños da igualdade real entre mulleres e homes.

Queremos dárlle o valor ao feito de tratarse da primeira Escola de Idiomas do país con nome de muller pero sabemos que aínda queda moito por facer: entre 46 centros de ensino públicos existentes, A Mariña conta agora con tan só dous centros educativos con nome de muller.

Despois desta acollida, con azos renovados seguiremos traballando na campaña #NomearmosEnLila.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....