Información

Os versos de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza inauguran o ‘Xardín das pedras que falan’

Información
XornalGalicia 14 Mayo 2018 300 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 


De esquerda a dereita: Martiño Noriega, Luz Pozo Garza, Suso de Toro e Juan Viaño. Foto: Paula Martínez Graña

O xardín do Colexio de Fonseca inaugurou este luns o proxecto literario ‘Xardín das pedras que falan’, unha colaboración entre a USC e o Concello de Santiago. A iniciativa consiste en crear unha espiral de pedras nas que están gravados versos de importantes escritores e escritoras. Durante o acto, destapáronse as tres primeiras, que corresponden con obras escritas por Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza. De forma progresiva, iranse incorporando diferentes rochas ata alcanzar un total de 40.



No acto de hoxe estivo presente Juan Viaño, reitor da USC, quen destacou o “carácter simbólico” dun espazo “que conserva un espírito e carácter especial”. Este xardín forma parte do “ patrimonio dunha Universidade vinculada con Compostela e coa súa cidadanía”, dixo.

O acto inaugural tamén contou coa intervención do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Luz Pozo Garza, escritora; Marie Seamus, viúva de Seamus Heaney; Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega; e Suso de Toro, escritor e autor do proxecto.

Outras imaxes


De esquerda a dereita: Anxo Angueira, Martiño Noriega, Juan Viaño, Branca Novoneyra, Marie Seamus, Suso de Toro e Luz Pozo Garza. Foto: Paula Martínez Graña

Pedra gravada con versos de Rosalía de Castro. Foto: Paula Martínez Graña

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi