Información
Portada

Nos últimos 3 anos, os contratos en construción ou xa finalizados no conxunto dos estaleiros galegos sumaron 3160 millóns de euros e as previsións para os próximos meses, son esperanzadoras

Información
11 Mayo 2018 699 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

100518 condenavaliaA VII edición de Navalia, se celebrará entre o 22 e 24 de maio coa asistencia de 600 marcas representadas con case 400 expositores.  A proxección internacional deste evento que se consolidou nos últimos anos como un dos máis importantes no calendario internacional. Así, para esta edición xa está confirmada a participación de delegacións procedentes de Italia, Holanda, Rusia, Perú, Canadá ou Cabo Verde.

 

Se sinalou que a feira será un escaparate de todo canto pode ofrecer hoxe en día o naval galego, polo que favorecerá que o sector siga apuntalando a súa recuperación mantendo o bo comportamento do último ano. O 2017 pechouse, segundo os datos de Aclunaga, con 29 contratos en vigor, unha facturación global de case 2000 millóns de euros e 14.200 postos de traballo creados.

O naval galego, ademais, lidera a carga de traballo en todo o país, xa que máis do 30% do volume de traballo en España está en Galicia. Ademais, nos últimos 3 anos, os contratos en construción ou xa finalizados no conxunto dos estaleiros galegos sumaron 3160 millóns de euros e as previsións para os próximos meses, son esperanzadoras. Así, se apostou por continuar incidindo na formación para o naval e na adaptación á transformación dixital, lembrando que hay en marcha 63 cursos para cualificar a 1000 traballadores (800 da área de Vigo).

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Semana das Industrias Culturais e Creativas, organizada...

Os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20...


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...