Información
Portada

O vindeiro día 12 de Maio Ramirás converterase por decimo segundo ano consecutivo no epicentro da música galega.

Información
08 Mayo 2018 982 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

16388214 952597561506473 2483914818172364717 nA celebración da Noite de Fiadeiro recuperará a esencia dos antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e tamén mocear.

A organización da mesma está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir.

 40 colectivos (confirmados), das catro provincias galegas.
 
Para este Sábado a organización elaborou un  programa de actividades para toda as idades, entre as cales se contemplan obradoiros, pasarúas, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos, demostracións... así como a xa tradicional mostra de artesanía e gastronomía con ducias de postos. De novo retomaremos o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional, poñendo en valor o que fan os máis cativos durante todo o ano. 
 
A principal novidade desta edición é a importante ampliación de colectivos participantes, que suman un total de corenta, chegados de todos os recunchos de Galicia. Deste xeito, arredor de 400 persoas estarán implicadas na dinamización da noite, e sempre tendo como referencia a música tradicional e de raíz. Precisamente este é o elemento diferenciador desta celebración. 
 
A Noite de Fiadeiro en DATOS:
- Número de colectivos participantes = 40 colectivos (confirmados), das catro provincias galegas.
- Número de persoas que actuarán = 403 persoas (membros dos diferentes colectivos), dos cales 45 son nenos e nenas que actuarán no Fiadeiro Cativo.
- Número de postos de artesanía = 23 postos de artesanía e gastronomía
- Horas aproximadas de música ininterrompida = 10 horas
- Toda  información en: www.noitedefiadeiro.com
 
Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica ao uso, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite tal e como se facía antano.  

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Día 16, 17 y 18 (continuación). P.A. 14/17. 9.30 horas. Estafa....

AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA

Sección primera.

Días,...

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF),...

El próximo Martes 15 de Enero a las 12.30 horas, se presentará...