Información
Portada

Arredor de 400 escolares coñecen o Parlamento de Galicia nunha xornada de portas abertas para escolares de infantil e primaria

Información
26 Abril 2018 1310 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

DSC 0042Trátase da segunda edición desta experiencia que complementa o programa de visitas guiada á sede do Lexislativo galego

Santalices anima aos escolares galegos a coñecer o Parlamento e agradece a implicación do profesorado neste tipo de actividades

 

Santiago, 26 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia acolle esta mañá unha xornada infantil de portas abertas na que participan arredor de 400 escolares de Educación Infantil e Primaria escolarizados en centros das catro provincias galegas. O escolares foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.

O presidente do Parlamento deu a benvida ás nenas e nenos e convidounos a participar nas actividades programadas para dar a coñecer as funcións e o traballo da Cámara. Santalices Vieira agradeceu tamén a implicación do profesorado para a realización deste tipo de actividades de divulgación.

Actividades

No Hemiciclo, recibiron explicacións sobre o funcionamento da institución, mentres que noutras dependencias participaron en actividades como quebracabezas ou a visualización de diferente material audiovisual. Os participantes na actividade tamén tiveron ocasión de coñecer unha edición facsimilar, a tamaño real, da Carta Xeométrica de Galicia, elaborada por Domingo Fontán na primeira metade do século XIX. A visita estivo animada polos Bolechas.

Os escolares coñeceron tamén o material didáctico e os xogos dispoñibles na web do Parlamento de Galicia para divulgar o papel do poder lexislativo galego entre as nenas e nenos de Infantil e Primaria (https://goo.gl/7MRoLi).

A de hoxe é a segunda xornada infantil de portas abertas que acolle o Parlamento de Galicia nesta Lexislatura. A actividade xurdiu para complementar e reforzar o programa de visitas guiadas ao Parlamento de Galicia.

Desde marzo deste ano tamén está en marcha o programa "Coñece as túas institucións", impulsado polo Parlamento e pola Xunta para divulgar o papel das institucións autonómicas e explicar a separación de poderes a estudantado de centros públicos. "Coñece as túas institucións" está dirixido a alumnado de 5º e 6º e primaria e 1º e 2º de ESO. O número de solicitudes de participación neste programa sitúase xa en 115 a día de hoxe.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...