Información

Antonio López, novo reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Información
XornalGalicia 24 Abril 2018 341 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario Antonio López resultou elixido reitor da USC nunha votación na que obtivo un total de 3.474 votos, fronte aos 1.746 do candidato Juan Viaño. En termos de voto ponderado, López acadou o 62,66%.

Nesta xornada electoral elixíronse ademais os representantes dos distintos sectores no Claustro Universitario, datos que se coñecerán nos vindeiros días.

Equipo


 O equipo de goberno da Universidade de Santiago estará composto ademais por Víctor Arce Vázquez (Estudantes e Internacionalización), Celia Besteiro Rodríguez (Organización Académica), Gumersindo Feijoo Costa (Planificación e Proxección Extratéxica), Dulce García Mella (Secretaría Xeral), Ernesto González Seoane (Profesorado), Mar Lorenzo Moledo (Comunicación, Cultura e Servizos), Mª Victoria Otero Espinar (Titulacións), Vicente Pérez Muñuzuri (Investigación e Innovación) e Montserrat Valcárcel Armesto (Coordinación do Campus de Lugo).

 

Antonio López
 Antonio López (Barreiros, 1964) ingresou en 1981 na Facultade compostelá de Dereito, onde obtivo a súa licenciatura, con premio extraordinario, en 1986. Cinco anos máis tarde acada o grao de doutor nesta mesma universidade. Desenvolveu unha intensa carreira docente e investigadora con numerosas publicacións e estadías nas universidades de São Paulo, Montevideo e Boloña. Froito desta actividade ten recoñecidos catro sexenios de investigación.

É membro de diversas asociacións relacionadas coa súa especialidade, entre elas a Asociación Española de Profesores de Dereito Financeiro, a Asociación Española de Asesores Fiscais e a European Association of Tax Law Professors. Na USC, desempeñou os cargos de director do Departamento de Dereito Público Especial, secretario da Comisión de Doutoramento, vicerreitor de Coordinación do Campus de Compostela e Vicerreitor de Xestión de Infraestruturas (1998-2002) e decano da Facultade (2005-2007).

En xullo de 2007 o Parlamento de Galicia elixiuno membro do Consello de Contas, cargo que ocupou ata decembro de 2013. Entre 2007 e 2010 foi Conselleiro Maior deste organismo.

Calendario electoral
Logo da proclamación provisional do reitor o próximo 26 de abril, abrirase un prazo –do 27 de abril ao 2 de maio– para a presentación de recursos diante da Comisión Electoral Central. A proclamación definitiva do reitor electo producirase o día 7 de maio.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi